O pasado xoves 8 de maio o CIFP Carlos Oroza tivo o pracer de contar coa visita da Secretaria do Consello Regulador de Augardentes de Galicia, Carmen Otero, quen deleitou aos alumnos do Ciclo Medio de Servizos en restauración e dos Ciclos Superiores en Dirección de cociña e Dirección de servizos en restauración cunha charla e cata sobre augardentes. Cuestións como a copa e a temperatura máis axeitada para o servizo, o volume de alcohol ou as diferenzas entre augardente e licor foron resoltas durante o taller. Sen dúbida una boa oportunidade para achegarse un pouco máis aos segredos e características desta famosa bebida.

Álbum da actividade.

altAg9YxHQvh4t2HL7xbmP4H331iYBcolO2sUhqhSCImTIx

O alumnado presta atención ás indicacións de Carmen Otero

altAgKISVbxV9TBGQ0kmADcK4NTeFEKX_qLu8OxV2LGhAJk

Carmen Otero explica ao alumnado as características do augardente