O alumnado do CS de Dirección de cociña, CS de Dirección de servizos en restauración, CM de Panadaría, repostaría e confeitaría e CM de Cociña e gastronomía, puideron onte asistir a un taller de primeiros auxilios nunha das aulas do CIFP Carlos Oroza.

O curso, impartido pola voluntaria da Cruz Vermella Liliana Gesteira, tiña como obxectivo dotar ao alumnado das técnicas e coñecementos necesarios para poder ofrecer unha asistencia eficaz ás persoas que atópanse nunha situación de emerxencia, para poder así afrontar eses primeiros minutos que transcorren tras un accidente ou contratempo coa máxima seguridade.

Álbum do taller

 

altAjkwztIBKzUwtQB2qWnQvTvHKUuB7fU7uQ0QTLZ_qoQW

Liliana Gesteira imparte o curso de primeiros auxilios ao alumnado

altAofY1a0_AGsdl2qNRvR2PwfNjkPdihlVURJ1TFBSKLEU

Práctica de técnicas de reanimación

altAo8o9VftfWVyaoaG1aNnF-wFefwasrdrwTu8ZA7svXNq

O alumnado do Carlos Oroza posa para unha foto despois do curso