Pasos para que os nenos da escola infantil de A Parda (pertencente á rede de A Galiña Azul ) convértanse en excelentes cociñeiros:

1. Visitar o CIFP Carlos Oroza.

2. Recorrer as súas instalacións en fila india e sen perder de vista aos “profes”.

3. Aprender a facer uns divertidos gorros de cociñeiro personalizados cos seus nomes que midan case tanto coma eles.

4. Poñer as mans na masa e intentar deseñar saborosos doces manchando todo o posible as súas mans e mandilóns.

5. E como recompensa polo gran traballo que require ser cociñeiros profesionais, ser recompensados polo profesorado e os alumnos e alumnas do Carlos Oroza cunha deliciosa fondue de chocolate.

Bo traballo e ata a próxima, nenos da escola infantil de A Parda.

 

Álbum da visita

IMG_1898

Os cativos deseñan os seus gorros de cociñeiros

IMG_1937

Nenos e nenas xogan coa masa

 

IMG_2020

O alumnado da escola infantil disfruta dunha fondue de chocolate