Rubia, negra, ámbar, vermella, branca… De fermentación alta, baixa, mixta, espontánea… A cervexa é unha das bebidas máis populares e consumidas do mundo e a súa confección un proceso moi amplo e complexo.

Desta maneira, e para adquirir un coñecemento máis profundo da materia, celebrouse onte no CIFP Carlos Oroza o obradoiro de “Elaboración, servizo e cata de cervexas”, impartido por Fernando Iglesias Quiroga, responsable de calidade de mercado de Estrella Galicia. No transcurso do taller, dirixido ao alumnado de primeiro curso do CS Dirección de servizos en restauración e do CM Servizos en restauración, os asistentes tiveron a oportunidade de aprender procedementos, técnicas e contidos teóricos relacionados coa cervexa.

la foto 2

Fernando Iglesias Quiroga imparte o taller ao alumnado do centro

Toda unha xornada para descubrir os detalles e misterios que esconde esta famosa bebida.

Álbum do taller.

 

la foto 15

O alumnado aprende a catar a cervexa