Con motivo da celebración do Día Mundial do Libro, o profesorado e o alumnado do CIFP Carlos Oroza festexaron esta data que ten como obxectivo enxalzar o marabilloso mundo das letras e da literatura.

Desta forma, aulas, corredores, biblioteca e demais espazos do centro foron testemuñas da actividade “Compartindo as nosas lecturas”, na que todo aquel que quixese podía ler un fragmento dunha obra da súa elección. Despois disto, nada mellor que practicar o chamado “bookcrossing”, posible grazas a colocación de varias caixas na biblioteca para poder deixar os libros que se quixesen doar.

DSCF1339

Un alumno le para os seus compañeiros na biblioteca do centro

E antes de ficar para casa, nada mellor que cada membro do centro tivese a oportunidade de deixar a súa pegada neste Día Mundial do Libro 2014 escribindo un parágrafo da súa obra preferida nun libro que, aínda que ao comezo da xornada estaba en branco, pouco a pouco e en anos sucesivos irase enchendo con palabras e recordos de todo aquel que viva este fermoso día no CIFP Carlos Oroza.

Álbum da xornada

 

DSCF1361

Mesa na que se depositou o libro no que se podían escribir parágrafos das obras preferidas dos membros do centro