Erase unha vez tres profesoras, Rosa Marcos, Lara López e María Pereiro, que decidiron cociñar cores. Sí, como oes, cociñar as cores. A que nunca probaches tal cousa? Coa axuda do alumnado de 1º de Dirección servizos e 1º Dirección cociña, e un chisco de maxia gastro-enolóxica,  adentráronse nun salón cheo de espectáculos, o salón do libro. Alí, a música da orquestra filarmónica de Pontevedra, os contacontos, ilustradores, sumilleres, cociñeiros, e, sobre todo moitos cativos, encontraban un recuncho onde todo era posible, onde os contos transformábanse  en receitas, podíanse beber, e mesmo as cores comer.

Como oes!

la foto (1) la foto (5)

 

 

 

 

 

As verduras, hortalizas, e legumes verdes puxéronse mans a obra, xuntáronse coas proteínas do ovo, peixe, pescado e algunhas máis pequenas como as lentellas e o arroz, e pediron axuda aos amigos máis bulebule que non paraban de mexer, os hidratos de carbono imparables que sempre gañaban todas as carreiras.

E cociñaron un mundo de cores, onde os rábanos combinaban moi ben coa cenoria e as olivas, os ratonciños tiñan a cor do sol, e os pingüinos berraban: ” CÓMEME”.

E descubriron que a maxia tiña truco, siiiiiiiiii, era unha pirámide e unha roda queeeeee, abracadabra, eran de alimentos, e alí atopábase o segredo para cociñar cores  ben bonitas e saborosas, cheas de vitaminas e minerais, un tren dos sentidos que enchía de cores o inverno e a mesa, e por enriba, nutría e alimentaba.

la foto (15)la foto (7)

la foto (6)

E aprenderon que todo o bo sempre está cheo de moitas cores, e que cando pasa o tren, os teus sentidos vanche saber decir si o debes coller.

E colorín colorado………

este conto….non está rematado. As descubertas grandes nunca teñen fin, abren a porta a outro salón, a outra cociña, e a outro conto sen F.

la foto la foto (16)

 

 

 

 

 

la foto (10) la foto (12) la foto (18)