IMG_1670 IMG_1671 IMG_1677  IMG_1681 IMG_1682 IMG_1683Aínda que pareza extraño, sí, inauguración e clausura, xa que o alumnado de Xestión de aloxamentos inauguraba e daba a benvida ao profesorado e alumnado do centro para dar a coñecer o traballo que levan facendo durante todo o curso nos módulos de Empresa e iniciativa emprendedora e Comercialización de eventos, da man das profesoras Teresa Barreiro e Ana Beatriz López, e clausura xa que nunha semana comezan a FCT.

RicardoFernández como profesor responsable  2º CM Cociña e gastronomía e Mª Carme Alvite como profesora de CM de Servizos prepararon o aperitivo para a ocasión.

Álbum de fotografías e vídeos

Video SEFED Casual – Empresa simulada

Tomas falsas

Parabéns para todos polo evento, montaxe e realización de video… máis tendo en conta que é época de exames e avaliacións. Sen dúbida botarase en falta a este grupo que ten traballado con tanta implicación en todas as tarefas que teñen emprendido e posto en marcha.