O alumnado de 2º curso CM Cociña e gastronomia e CM Servizos en restauración  vén de participar nunha viaxe cultural vencellada á gastronomía e o enoturismo, na que unha das actividades principais foi a de compartir a elaboración e o servizo dun menú galego. Os rapaces, inicialmente tímidos ao estar nos obradoiros doutra escola e noutro país, según palabras do profesorado acompañante Jorge Verdeal, Carme Alvite e Paco Orge, de seguida quitaron o mellor de seu, comportándose como auténticos profesionais e compartindo cos colegas e veciños portugueses o aprendido nestes dous cursos académicos.

DSC08404 DSC08446Como complemento a este intercambio de coñecementos  visitaron a Quinta da Pacheca, e Aquapura Douro Valley Hotel establecementos enoturísticos que coidan con especial esmero todo o que arrodea o mundo vitivinícola e produtos turísticos asociados.

Xa de regreso achegáronse  a vila e escola de Sta. Mª da Feira quen previamente visitaran o CIDP Carlos Oroza e o IGAFA o pasado 24 de febreiro.

No mes de maio serán as escolas de Lamego e Coimbra quen visiten o CIFP Carlos Oroza, dándolle continuidade a este proxecto que arranca con esta iniciativa e que terá continuidade no futuro con outras visitas e colaboracións lusófono-galegas.

Álbum 1 de fotografías

Álbum 2

Viseumais.com

Notícias de Resende

Visita do alumnado galego á escola de Sta. Mª da Feira

 

DH Capa nº 1255 Alunos de hotelaria de Pontevedra visitaram a escola de hotelaria de Lamego Nova na prensa