” Chorín por non ser home, por querer axudar ao meu pai e nai”, así comentaba coa forza propia e a xeada das de Agüiño, Ajiño, en Ribeira, Gloria Lijó, a primeira muller de España que traballou nun barco petroleiro, pese á negativa inicial por ser muller, e anos despois nun de baixura canario-marroquí.  Ela é a muller coa que Montse Fajardo, autora da obra “Matriarcas. Mulleres en pé de vida”, abre o seu libro que xa vai pola 3ª edición e no que se recollen as voces  e vivencias de 10 mulleres  que tiveron que facerse fortes ante as adversidades e problemas ben duros que a vida lles puña diante, e  nas que demostraron  unha resistencia e vitalidade fóra do común.

Chus Escudeiro e Montse Fajardo suliñaron o labor feito polas mulleres, nunha sociedade na que abondaban as viúvas de vivos, orfas, viúvas de fusilados…mais que todas elas pelexaron a reo polo ben das súas familias, nunha sociedade matriarcal de posguerra na que as calimidades eran o cotiá.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

A conferencia non so lembraba o 8 de marzo, tamén tiña a pretensión de presentar “ Matriarcas” ao alumnado de 1º de GUIAT, un dos fondos documentais xa publicados,  e dado que eles colaboran coa concellería de patrimonio histórico e de cultura do concello de Pontevedra no proxecto “ A memoria das mulleres”, na que o alumnado aporta o seu grao de area investigando e entrevistando a mulleres de Pontevedra  que xa son testemuñas dunha parte da nosa historia, e na que as entrevistadas aportan grandes leccións difíciles de aprender nunha aula, como lles decía Gloria ” Para tapala fame, codiños”, ela so tivo a universidade da vida, a que transmitiu ao alumnado cunha forza, emotividade  e ánimo que os deixou perplexos ante o que escoitaban, deixando un xerme de querer saber máis, o mesmo que hai anos a avoa Pepita deixara na autora Montse Fajardo, e que lle levou a transformar esas bágoas derramadas  a medias, nesta obra recomendable para compartir e continuar conversando cos nosos maiores.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 Portada do libro

PontevedraViva

Faro de Vigo

Faro de Vigo

Diario de Arousa

Arousa TV