O alumnado de 2º curso dos CS de Xestión de Aloxamentos e GUIAT disfrutaron dun espléndido día de sol polo sur da provincia de Pontevedra o pasado xoves 6 de marzo. O obxectivo desta actividade foi coñecer  os atractivos e valores desta zona que forma fronteira natural coa veciña Portugal, a través dunha fermosa paisaxe de ribeira e seguindo a desembocadura do río Miño ata o seu encontro co  mar aberto do océano Atlántico.

Tamén visitaron establecementos e recursos emblemáticos da zona, coma o pazo San José de Vista Alegre, ou a catedral gótica e centro histórico de Tui, antiga capital do reino de Galicia. O remate da mañán non podía ser mellor: pic nic e petiscos  no parque natural do Monte Aloia.

Xa pola tarde, viviron a aventura da descuberta do novo continente na carabela “a Pinta” situada na real vila de Baiona, onde percorreron as rúas e prazas, sen esquecer o magnífico castelo parador de Monte Real onde da man dos seus responsables tiveron a ocasión de coñecer as instalacións e xardíns cun paseo comentado moi completo e interesante.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA