As xornadas do 1º campeonato de sumillería Suso Domínguez reuniron  a profesorado e alumnado de todos os centros educativos de Galicia nos que se imparten as ensinanzas de hostalaría e turismo, ademais  da Escola de Hostalería de Douro-Lamego de Portugal.

O concurso tivo probas tan diversas como un cuestionario sobre a D.O Rías Baixas, unha proba de identificación de erros nunha carta de viños, un test de identificación de olores e de sabores, e unha última proba de identificación de viños realizada no escenario do auditorio da cidade infantil Príncipe Felipe baixo a atenta mirada do público.

Como xurado  estiveron  o director do instituto galego do Viño, Xoán Canas, o presidente dos baristas de Galicia, Augusto Marales e en representación de Chivas Regal, José Soto.

Como convidado de excepción estivo Carlos Oroza, poeta que dá nome ao centro e que obsequiou exemplares asinados do seu último libro Évame para seren agasallados ao alumnado participante.

CAMPEONATO DE SUMILLERS DEL CARLOS OROZA.Os gañadores foron Francisco José García, do IES Sanxillao de Lugo, María Rebeca Sánchez, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e Daniel Miguélez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo, que recibiron a súa respectiva bolsa para cursar o máster en sumillería no instituto galego do viño. Para entregar os os premios acudiron o conselleiro de educación, Jesús Vázquez, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da deputación provincial, Rafael Louzán.

Todos os participantes recibiron como obsequio unha botella edición especial e personalizada para cada un deles da adega Terras Gauda, unha das empresas vitivinícolas patrocinadora do evento. DCIM100MEDIAParalelamente ás probas do campeonato desenvolveuse un concurso de cartas, nas que o alumnado amosou a súa creatividade e destrezas manuais, ademais da quinta edición do concurso “Máster tortilla” e o certame “Top Pincho-cociña en miniatura”, ambos os dous gaños polo alumnado do CIFP Carlos Oroza, Daniel Crego e José Bértolo cunha tortilla de zanahoria, e Ramón Lage e José Antonio García vencedores do ‘Top pincho’. OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Concurso de tortillas

Xa fora de concurso, e antes da entrega de premios, desenvolveuse unha exhibición de coctelería acrobática a cargo de Quique Romaní.

Na xornada do mércores as conferencias estiveron a cargo de Xoán Canas, nariz de ouro, Ruth González de Turismo Rías Baixas, Marcelo Radío de adega de Eidos, Nacho Crespo da Quinta de San Amaro e José Luis Vilanova de Novavila, quen se referiron ao potencial do enoturismo e dos roteiros ademais doutros produtos asociados ao viño.

PONTEVEDRA Concurso cata sumillers MONICA PATXOT PONTEVEDRA Concurso cata sumillers MONICA PATXOTA clausura na voz do director Manuel Hermo do que fora o seu amigo emocionou á todo o auditorio, que pechou este primeiro campionato cun cálido aplauso adicado a súa dona Maika e ao seu fillo Diego presentes no evento.

Álbum da xornada do xoves

Concurso de tortillas e petiscos

Alumnado gañador

Xornada do mércores

Consellería de  cultura ,educación, e ordenación universitaria

La alacena roja

PontevedraViva

Diario de Pontevedra

Faro de Vigo

La voz de Galicia

Agradecemento especial a todos os patrocinadores que colaboraron para que se pudese desenvolver este 1º campionato de sumillería Suso Domínguez:

Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria

Deputación de Pontevedra

Concello de Pontevedra

Instituto Galego do Viño

CRDO Rías Baixas

Adegas Terras Gauda

Adega Davide

Adega Bouza do Rei

Lourido y Asociados DOP Mexillón de Galicia

Chivas Regal

Adegas Codorniu

Hotel Galicia Palace (Pontevedra)

Parador de Turismo de Pontevedra

Hotel Ponteroom (Pontevedra)

Restaurante “Grill La Tienda de Clara”