Na primeira xornada do campionato de sumillería contamos cuns convidados de excepción, todos eles especializados e propietarios de negocios turísticos nas Rías Baixas, todos eles con establecementos nos que as palabras mimo, confort, deseño, sensibilidade e bo gusto se quedan pequenas para definir o bo facer, a constancia, a pasión por entender e atender cada día máis e mellor aos clientes, non so turistas, senón tamén veciños da comarca, xa que todos eles comercializan tamén outros produtos ademais do aloxamento.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXoán Canas do instituto galego do viño, nariz de ouro e reputado experto no mundo vitivinícola insistiu na formación e profesionalización nun momento convulso como o actual, ademais de lembrar ao alumnado de que en Galicia non existe ningunha empresa especializada en marketing e comunicación enoturística, e que é vital ollar para lugares como Porto ou Alemania, que co seu barco de vapor que cruza o Rhin é o país que máis tempo leva comercializando o produto enoturístico.

Ruth González de Turismo Rías Baixas presentou o “Smart Destinations Pontevedra”,  unha plataforma tecnolóxica que aglutina e abraza baixo un mesmo paraugas a todas as empresas do sector, destacando a rede de pousadas accesibles e o convenio de interoperatibilidade coa Xunta de cara a que tamén se comunique coa base de Turespaña.

Xornadas  enoturismo, cultura gastronómica e emprendemento 2014José Luis Vilanova de Novavila presentou a “pequena casa da avoa” que inicialmente se plantexou como un showroom coa temática enolóxica e coa única pretensión de xerar sinerxias cos demais negocios familiares, pero que paseniño a paseniño se converteu  nun aloxamento no que o sentido do olfato empapa todos os produtos de amenities: champú e crema hidratante elaborados con uvas caíño e espadeira, xel con reminiscencias nos hollejos, velas con arrecendo a viña…produtos de enoterapia que tinguen o aire de aromas vitivinícolas e que aportan un valor engadido cun selo diferenciador.

Outro dos convidados, Marcelo Radío de adega Eidos, comentou os múltiples proxectos e actividades que desenvolven na adega da súa propiedade: visitas guiadas para cativos a través do mosto, talleres creativos sobre petiscos, xornadas de portas abertas de 20:00 a 24:00 en pleno proceso de elaboración do viño, visitas accesibles…un sinfín de ofertas innovadoras nas que a creatividade se adapta á demanda, e se une ás propias iniciativas pioneiras do equipo da adega, que traballa a prol do produto enoturístico innovando e introducindo dinamismo nas  diversas actividades para diferentes públicos obxetivos.

A quinta de San Amaro, presentada por Nacho Crespo, acercou aínda máis ao alumnado este establecemento que é todo un referente nas Rías Baixas e exemplo habitual nas aulas, non so por ser dos primeiros destas características, senón tamén polo concepto co que abriu as súas portas e que logrou transmitir na súa ponencia: o agarimo na atención aos viaxeiros como actitude, e a filosía de facelo o mellor posible aos ollos dos clientes. De feito esméranse en ofertar produtos asociados á estadía: roteiros da camelia, gastronomía co sabor do autóctono, sonecas ou conversas nun recuncho único como o piorno con vistas ao val…A fin de contas o turismo é algo no que gastamos o noso tempo, diñeiro, e ilusións coas que vestimos a viaxe antes de emprendela.

5 ponentes que como si dos 5 sentidos se tratase, espertaron a atención do alumnado

Accede ao álbum

Artigo publicado na Alacena Roja