José Alcáñiz, xerente da central de  reservas online Buscadestinos e especializado nas áreas de comercio electrónico, publicidade, internet, medios sociais, e marketing dixital, achegou ao alumnado conceptos ligados á implementación das ferramentas do marketing on line.

O efecto Streisand, costo por click, CPC, costo por adquisición, CPA, campañas na rede con GDN, foron entre moitos outros, termos que fixeron que o alumnado se decatase da velocidade e das mudanzas no que atinxe ao mundo on line.

José AlcáñizAlcáñiz é tamén un dos organizadores do The Monday Reading Club Vigo, un clube de lectura de marketing, ademais de colaborador da fundación Esterea, empresa orientada a ofrecer servizos de consultoría de marketing online e desenvolvemento web. Como recomendación de lectura suxeriunos :” El mundo Groundswell”, que explica como os consumidores estamos opinando constantemente na rede sobre as accións das empresas.