PRESENTACION ANTE A PRENSAConta atrás para o  comezo do 1º campionato de sumillería  no que participarán todas os centros educativos de hostalaría e turismo de Galicia máis Portugal.

O mércores 26 está confirmada a presencia de Ruth González, xerente do Patronato de Turismo Rías Baixas que compartirá con Xoan Cannas do instituto galego do viño a charla sobre as redes sociais e o enoturismo, así como o potencial turístico dos roteiros. Comezará ás 9:30.

A continuación, ás 11:30, a mesa redonda na que participarán Marcelo Radío da adega Eidos de Padriñán, Nova Vila Rías Baixas con Jose Luis Vilanova, e Nacho Crespo da Quinta de San Amaro.

Estas xornadas están abertas á toda a sociedade pontevedresa que se queira achegar ata o auditorio da cidade infantil Príncipe Felipe.

1º Campionato de Sumillería Suso Domínguez