Tras unha proba  tipo test sobre coñecementos sobre o café, os futuros baristas fixeron a mise en place prestando especial atención á colocación do material, adecuación de tazas e recipentes á temperatura axeitada, e regulado do molinillo. Os 15 minutos seguintes serían os máis intensos. Baixo a atenta mirada de xurado e espectadores, o alumnado dos 14 centros educativos participante elaborou 4 expresos, 4 capuchinos e 4 cocktails de creatividade propia.

Finalmente os vecinos portugueses representados por Esther Gutiérrez alzáronse co primeiro posto na VII edición do concurso de baristas de Foz, seguidos de Cantabria, Foz e Pontevedra.

Parabéns a Martín Viñas Esperón e  Manuela Torres Otero do CIFP Carlos Oroza por esa 4ª posición.

PORTUGAL, CANTABRIA e FOZ