Rosa Louro comentaba: ” Eu tamén teño unha discapacidade, son miope”, pero cunha vantaxe, podo usar lentillas ou gafas. Desta maneira, a intérprete de signos no CIFP Carlos Oroza explicaba aos futuros profesionais de GUIAT as cuestións ás que deben prestar atención cando traballen cun grupo de persoas sordas.

Houbo un tempo tamén para aprender a saudar, agradecer, e mesmo aplaudir, pero unha das cuestións que sorprendeu foi que a lingua de signos é distinta en cada país, tal e como acontece cos idiomas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERAComo non podía ser doutra maneira a sensibilización dou paso a cuestións e comentarios sobre as dificultades doutros estudantes, recordando a Hellen Keller, sordociega que gracias a Anne Sullivan logrou aprender a comunicarse e mesmo conseguiu graduarse na  universidade. A película da vida destas dúas mulleres levou dous Óscar. Gracias ao esforzo desta profesora outras persoas con semellantes discapacidades puderon facer o mesmo camiño, como é o caso da española Gennet Corcuera, primeira persoa sordociega en España con carreira universitaria.