O grupo de 2º curso de Guía, información e asistencia turísticas visitaron a Casa da Luz e o Patronato de Turismo Rías Baixas  acompañados pola profesora María José Lores para coñecer de primeira man o funcionamento e xestión destes puntos de información turística da cidade, onde dentro de pouco van facer a FCT.

Na Casa da luz foron recibidos pola concelleira de promoción económica, emprego e turismo Dona Carlota Román, quen xunto coas técnicos en turismo explicaron o traballo que se realiza desde o concello. No patronato de turismo foron recibidos por Dona Elina González  titora da FCT, e  técnicas en turismo que trasladaron ao alumnado o proxecto no que se está a traballar na actualidade e que muda a imaxe do destino Rías Baixas.

IMG_2513Nova recollida no Diario de Pontevedra