Non vemos as cousas tal como son, vémolas tal como somos. Onde algunhas persoas ven un muro, outras ven un peldaño. Nacho Peón, experto en intelixencia emocional e relacións sociais, estivo co alumnado de 1º CS Dirección Cociña, nunha xornada que resultou moi práctica e participativa, tratando temas como o enfoque da vida por obxetivos, relación entre intelixencia e actitude, traballo en equipo e motivación laboral.

O alumnado reflexionou sobre determinados aspectos da vida que moitas veces consideramos como insignificantes, e que sen embargo son a principal garantía do noso éxito persoal e laboral.

Como dicía Jiddu Krishnamurti: ” Non é saudable, estar ben adaptado a una sociedade profundamente enferma”. Escoitar antes de actuar, pensar antes de reaccionar, esperar antes de criticar, e intentar antes de reaccionar, son eses peldaños que debemos subir paseniño a paseniño no día a día das relación laboráis.

 

Pica na fotografía para acceder ao álbum.

Nacho Peón 5