Evento alumnado de 2º Guiat

Tivo lugar o evento do alumnado de 2º de Guía, Información e Asistencia Turísticas, no que se puso en práctica o aprendido durante o curso, convertíndose nun acto emotivo, cheo de sorpresas e agarimos que conectou cos asistentes e que resumiron dun xeito precioso o amosado neste curso no CIFP Carlos Oroza.
Grazas alumnado polo voso traballo e esforzo durante este tempo; agardamos que teñades o máis brillante dos futuro profesional agora e sempre.#Aprenderfacendo.

Ler máis

Aprendendo con ELisa e Marcela

Hoxe tivemos o prazer de disfrutar da obra de teatro “Elisa e Marcela”, protagonizadas por: Areta Bolado, Noelia Castro, e Ailén Kendelman da compañía de teatro A Panadaría que nos presentaron a primeira montaxe teatral con dúas protagonistas lesbianas, que no ano 1901 casan pola igrexa na Coruña transformándose Elisa en Mario e sendo o primeiro matrimonio lésbico do que se ten constancia no Estado.
Elisa e Marcela son e foron un símbolo de desafío ás regras e da necesidade de reivindicar a defensa da liberdade e dos dereitos das parellas lésbicas.
Esta obra ten acadados 9 premios, entre outros o Premio ao Mellor Espectáculo nos María Casares 2018, o Premio da Crítica de Galicia en 2015 e o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia.#Grazas pola vosa interpretación e por deleitarnos con esas voces maravillosas e cheas de mensaxes intimistas que nos estremecen e nos fan pensar. #Sempreagradecidas.

Ler máis

Carreira de orientación

1ª Carreira de Orientación CIFP Carlos Oroza, que se desenvolveu polo recinto da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Organizado por @xestanatureza deunos a oportunidade de realizar unha actividade ao aire libre, segura e entretida que permitiunos pensar por un rato na normalidade de años anteriores.
Noraboa a tódolos equipos por participar, e especialmente aos que ocuparon o podio:
1º Los “sinnombre” de 1º CSDIRCOC, formado por Luis, María e Raúl. Parabens!!
2º El grupo del Grupo, de 1º CSDIRSERV, formado por Patricia, Adrián, Jonathan e Carmen.
3º Latin Kings, de 2º FPBASICA, formado por Alejandro, Mehdi, Jorge e Adrián.

Ler máis

Experiencia na Horta Oroza

Neste momento do curso a Horta está precisosa, florida, con cores e produtos no seu explendor. O alumnado de 1º de guía acudiu á horta para aprender un pouco máis sobre as especies, a súa utilización, o seu aprovechamento, o compós… infinidades de curiosidades contadas e vividas polo profesor Ricardo Fernández. Grazas pola vosa dedicación. #Coñecendo,#Apreciando#Conectando, #Mellorando, #Participando…

Ler máis

Proxecto Xílgara

O alumnado de Panadería, Repostería e Confitería do CIFP Carlos Oroza presentou baixo o título “Xílgara”, un proxecto de elaboración de doces tradicionais e de recordos para distribuir en cadenas hoteleiras, tendas “gourmet” e restaurantes. Foron galardonados co premio DemoDay no que participaron estudiantes de cinco centros de Formación Profesional da provincia con nove proxectos. Noraboa. #OrgullOroza.

Ler máis

Aprendendo nas visitas

O alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas aprende nas rúas e nas visitas mergullándose nos seus atractivos e nas súas explicacións. Acuden ao Centro de Interpretación de Campo Lameiro e facendo unha ruta pola senda do Lérez, ademais de visitar a maravillosa vila de Combarro. #sorríefacendo, #sorriecamiñando, #sorrienatureza, #sorriecultura, #sorriedescubrindo.

Ler máis