Mulleres emprendedoras

O pasado venres 7 de febreiro realizouse unha actividade nos talleres do noso centro educativo, que tivo como obxectivo poñer en valor o traballo das mulleres na hostalaría, especialmente daquelas tituladas nos centros públicos de formación profesional, e tamén de mulleres sen titulación pero moi emprendedoras e formadas en aprendizaxe non formal, baseado na experiencia acumulada ao longo da vida.
Seis mulleres que traballan ou rexentan diversos negocios hosteleiros na cidade de Pontevedra, dirixiron ao alumnado do 2º curso de dirección de cociña e 2º curso de dirección de servizos na elaboración no taller de cociña e no servizo en sala, dun menú especial denominado “As mulleres emprendedoras na hostalaría” que puideron degustar arredor de 50 comensais externos ao centro.
Moitísimas grazas a Carmen Canabal (Causa Street Food), Marta García Justo (Meigas fóra), Mariana López Pastoriza (Hotel Galicia Palace), Gloria Serrano Conejero (Cafetería Sonata e Catering 5 sentidos), Catarina Santalla (Hotel Eurostars Mar de Vigo) e Evangelina Lorenzo (Tábula Rasa) pola súa colaboración desinteresada co CIFP Carlos Oroza.

Ler máis