Traballando nunha identidade masculina igualitaria
O taller realizado por Manuel Ánge Gil Canabal discurriu en base a realización de actividades de participación co alumnado fiado coa
descripción do proceso de socialización que moitos/as deles seguiron dende a súa infancia. Para elo, tratáronse diversos temas desde o punto de vista da masculinidade: Os conceptos de sexo-xénero, a socialización diferencial o longo da vida do alumnado (construción da masculinidade), a transmisión da masculinidade hexemónica a través desta socialición (a súa mochila), a relación con iguais (homes e mulleres), e reflexións sobre ser home, co fin de promover actitudes responsables sobre a masculinidade e identificar as actitudes machistas e sexistas que nos condicionan socialmente.
#Aprenderfacendo. Grazas pola participación.