Mes: Xaneiro 2020

Presentando con profesionalidade

Pilar Picas, artista, lecenciada en Belas Artes e especializada en alfabetización visual, fixo unha achega ao alumnado a unha serie de coñecementos específicos ao respecto do tratamento das imaxes na presentación de traballos: que é a retícula, a distorsión, o horror vacui, a resolución nunha fotografía, etc.
Tal e como ela comentaba, hoxe en día temos unhas ferramentas nas nosas mans con comandos moi intiutivos, que nos fan pensar que todo é moi doado, e para o que non se require de formación. Pero iso non é certo, e aínda que non sexamos especialista no mundo da imaxe, si debemos tentar presentar a documentación dentro dunhas pautas básicas que aporten unha mensaxe clara, e que ao espectador e cliente do eido do turismo e a hotalaría lle dea unha imaxe profesional e coidada, alén de facilitar a tarefa ao alumnado e futuros profesionais do sector, que aprenderon sobre o necesario de aplicar filtros de criterio na ollada e no deseño. Grazas Pilar por compartir connosco a túas experiencias.

Read More

Sí á diversidade sexual

No obradoiro realizado pola asociación “Nós Mesmas” convidouse ao alumnado e profesorado a reflexionar sobre as diferentes e diversas maneiras de sentírmonos como persoas, achegando realidades estigmatizadas por parte dalgunhas persoas da sociedade.
O obxectivo desta formación é tanto o de visibilizar todas as diversidades como o de erradicar o bullying e rexeitamento da mocidade LGTBI que tanta dor e suicidios ten provocado.
A integración destes temas supón unha oportunidade para educar tanto na educación emocional coma nos aspectos que conforman a nosa sexualidade, asuntos moitas veces obviados no eido educativo e sobre os que a mocidade soe buscar respostas e información pola súa conta.
No CIFP Carlos Oroza estamos convencidos de que incorporar e incluír a diversidade nas ensinanzas prevén a discriminación, apoiando e impulsando a visibilidade e respeto entre persoas, o que sen dúbida é o mellor antídoto para os discursos de odio e unha garantía para unha sociedade xusta, empática, e que respalda o respeto á integridade física, moral, e psicolóxica da cidadanía, sen dúbida valores que acompañan ao que debe ser a esencia dun centro educativo e das sociedades máis avanzadas. Grazas por axudarnos a #Aprenderfacendo.

Read More

Obradoiro sobre e “Mitos do amor romántico”

Tivemos o prazer de realizar obradoiros para romper os mitos de amor romántico, impartidos polas Técnicos de igualdade, Mar Rodríguez e Rita Pérez. Algúns dos obxetivos acadados foron: aprender a identificar os diferentes mitos de amor romántico que tanto perxudican sobre a concepción do amor e plantexarse que cousas non nos gustan das relacións en parella e que podemos facer para fomentar o bo trato. Grazas pola vosa implicación e por axudar a #Aprenderfacendo.

Read More