Cómo facer frente ao acoso sexual e ao acoso laboral
Disfrutamos da presenza de Montserrat Rodríguez Arribas, Técnica Superior en Promoción e Igualdade de Xénero. que nos realizou un obradoiro sobre o acoso sexual e por razón de sexo, coa fin de formar ao alumnado que en breve se incorporará ao eido laboral, de tal maneira que tomen conciencia e adquiran ferramentas e mecanismos para facerlle fronte, alén de coñecer a lexislación que ampara o dereito das persoas.
Estas charlas enmárcanse dentro do Plan de Igualdade do CIFP Carlos Oroza e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
#Aprenderescotitando. Moitas grazas pola colaboración e organización. Seguimos traballando.