Mes: Xuño 2019

Visualización de 9 mulleres galegas

O alumnado de 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas acudiron á Praza da Ferrería para mostrar a nove mulleres galegas que formaron parte da cultura galega pola súa traxectoria, valentía e carisma, representando e interpretando ás Marías pola súa rebeldía, mulleres de Camariñas que tecen historias, Ángeles Alvariño a muller que descubriu o mar, un rastro de tinta a través de Maria Victoria Moreno, coñecendo a Ana María Soto Landeira, a primeira asistenta social na nosa terra, a gran debuxante Xulia Minguillón, as irmáns Touza que lograron salvar a 500 xudeos da morte, a Elisa e Marcela cando o amor se adianta aos tempos, e á pintora feminista Maruja Mallo. Foi unha experiencia moi enriquecedora e gratificante. Grazas a todo o alumnado e ao profesorado. Noraboa polas vosas tarefas.

Read More