Mes: Febreiro 2019

Protocolizando ideas

Un ano máis o alumnado de 2º de Guía, información e Asistencia Turísticas,e 2º de Xestión de Aloxamentos Turísticos sorprendéronnos coa súa imaxinación e creatividade nun acto de protocolo que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra a noite do mércores, 20 de febreiro de 2019. Houbo risas, bágoas e divertimento desde o principio ata o final. Noraboa a todos pola velada tan agradable.

Read More

O “meior mexilón do mundo” coa PonteVan

Da cociña da PonteVan saíron tres saborosas receitas: “Mexilón de Galicia con salsa de mostaza”, “Mexilón de Galicia con cilantro e lima” e ” Paté de Mexilón de Galicia”. Tarefas realizadas polo alumnado de 1º de dual de Cociña acompañados polas profesoras Solange e Nuria. Estiveron no mercado de Vilagarcía de Arousa, disfrutando e agradando ao público.

Read More

Desmontando os prexuizos e as mentiras sobre a lingua galega

Un representante da Asociación “A mesa pola normalización lingüística” veu a dar unha charla moi interesante sobre o uso do galego como fórmula de descortesía ou na educación. Fíxónos ver que de nós depende revitalizar o galego, e concienciarnos de que todas as linguas comunican e que esa diversidade de linguas enriquece as poboacións.
Asistiron o alumnado de 2º de FP Básica de Cociña, 2º de Guía, Información e Asistencia turísticas e 2º de Dirección de Servizos de Restauración. Agradecemos a participación.
Foi organizada polas profesoras de francés Paloma e Lidia.

Read More

Experiencia no Salnés e na Quinta de San Amaro

O alumnado de 1º e 2º de CS Xestión de aloxamentos turísticos e 2º CS Dirección de cociña (modalidade dual) disfrutando dunha experiencia de turismo mariñeiro en Cambados coas mariscadoras (GUIMATUR) , despois un mapeo pola ” Quinta de San Amaro” e para finalizar a xornada, unha visita enolóxica con cata incluida na bodega “Eidos de Padriñán” (Sanxenxo).

Read More