Mes: Febreiro 2018

Baile da camelia

O xoves 22 de febreiro, o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos e CS Guía, Información y Asistencia Turística trouxeron o glamour da camelia e dos anos 20 ao Liceo Casino de Pontevedra. Do mesmo xeito que Mónaco celebra o seu Baile da Rosa, Pontevedra celebrou o baile da nosa flor, a camelia, nun evento cheo de sorpresas. Como unha das actividades encadradas no proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa”, e dentro do seu módulo de Protocolo e Relacións Públicas o alumnado puxo en práctica todos os coñecementos adquiridos ao longo da...

Read More

Masterclass de Iñaki Bretal sobre camelia

Hoxe tivemos no noso centro a Iñaki Bretal e Javier Alonso de @oEirado cunha masterclass de #camelia Esta actividade forma parte do proxecto de innovación “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa” #proxectoinnovacioneducativa #proxectocamelia Un luxo tervos con nos!! Moitas grazas!...

Read More

Cociñas viaxeiras coa escola de Viana do Castelo

Coa Visita da EHT de Viana do Castelo as nosas “Cociñas Viaxeiras” concluiron a primeira etapa do “Camiño polas Escolas de Hostalería”. Un percorrido a través de intercambios bilaterais iniciado fai catro anos entre as Escolas de Hostalería e Turismo do Douro-Lamego, Coimbra, Viana do Castelo e CIFP Carlos Oroza, coa finalidade de aprender facendo xuntos e de construir un espazo de cooperación na formación profesional da hostalería e turismo dos dous lados do río Miño. Nesta ocasión a Escola de Viana estiveron dous días no noso centro, compartindo experiencias enriquecedoras para a formación e a convivencia entre o alumnado...

Read More

Participación en Xantar 2018

Esta edición de Xantar, estivemos participando  cun showcooking a cargo do alumnado de CSDIRCOCDual coa camelia como un dos ingredientes das elaboracións presentadas, dentro do proxecto “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa”. Tamén participamos con dous alumnos no concurso de “Cociñar con viño” de Bodegas Docampo, onde acadaron o 2º posto. Moitas grazas a alumnado e profesorado polo seu bo facer!...

Read More

PonteVan en IES de Teis

A PonteVan estivo no IES Teis de Vigo, o 31 de xaneiro, participando na XIX Xornadas de Orientación ao Emprego. Nas mesmas, aparte dunha ponencia a cargo do coordinador deste proxecto de innovación, Ricardo Fernández, amosouse por parte do alumnado de Dirección de Cociña, a oferta gastronómica saudable que a PonteVan promove como un dos obxectivos do proxecto. Moitas grazas ao IES de Teis por convidarnos a participar nesta exitosa xornada e noraboa polo desenvolvemento da actividade!...

Read More