Mes: Xaneiro 2018

PonteVan en CIFP A Xunqueira

O 24 de xaneiro estivemos con outro dos nosos colaboradores no proxecto @PonteVan, o CIFP A Xunqueira, que fixo unha das partes mais delicadas é importantes do proceso: transformou a furgoneta cedida por Grupo Hedomin no noso vehículo de comida na rúa! Moitisimas grazas porque sen vos non sería posible!!...

Read More

O CIFP Carlos Oroza en Madrid – Fitur 2018

A pasada semana varios grupos do noso centro coñeceron de primeira man cómo se desenvolve unha das feiras de turismo máis importantes do mundo: Fitur. Nela ademáis, tivemos a sorte de formar parte activa durante a presentación de Turismo Rías Baixas que convidou a formar parte do seu agasallo institucional aos nosos produtos do proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa”, as nubes e as pastas. Mil grazas! Como actividades complementarias visitouse Arévalo, o Museo do Prado, o Palacio de Congresos e a fermosa cidade de Segovia. Pola sua parte, o alumnado de cociña e...

Read More

Do mar ao prato con Taky

O luns 22 de xaneiro recibimos no noso centro a Taky de Boketé e do Grupo Nove. Cociñando crustáceos, Taky ensinou ao alumnado cómo facer pratos saborosos, pero sobre todo pratos saudables, que é a demanda principal da clientela. Co seu saber facer e as súas estupendas dotes comunicativas Taky conseguiu que o alumnado de cociña aprendese e disfrutase doutra estupenda xornada #domaraoprato Agardamos que nos visite de novo moi pronto!...

Read More

O chef Iván Méndez cociña cos produtos da Horta Oroza un menú kilómetro cero

O pasado venres 19 de xaneiro, recibimos a visita de Iván Méndez ao noso centro. O alumnado de 2º curso do CSDIRCOC tivo a oportunidade de aprender dun magnífico profesional que representou a Galicia no Bocuse dÓr Spain 2015, puidendo compartir con él as súas actividades lectivas. Moitísimas grazas a Ivan por acompañarnos e compartir o seu tempo e coñecementos co noso alumnado. Desexando que nos visites de novo!...

Read More

Os produtos da camelia no agasallo institucional de Turismo Rías Baixas en FITUR

Moi orgullosos e agradecidos a Turismo Rías Baixas e Deputación Pontevedra por incluir as nosas pastas e nubes de #camelia das #RiasBaixas na caixa agasallo entregada en FITUR Estas pastas e nubes forman parte do proxecto de innovación educativa “A nosa camelia, tan curiosa como saborosa” presentadas no precioso packaging deseñado e elaborado polo alumnado do IES Montecelo E mil grazas a Carmela Silva polas suas agarimosas palabras para o noso centro....

Read More

PonteVan en CIMALAB

O 12 de xaneiro estivemos en Nigran cun dos nosos colaboradores no proxecto de innovación educativa “PonteVan: FP na rúa”, CIMALab facendo unha práctica dun servizo de comida na rúa para os seus traballadores co que o noso alumnado puido #aprenderfacendo Grazas pola colaboración neste proxecto!! #pontevan...

Read More