Mes: Xuño 2017

OFERTA EDUCATIVA CURSO 2017/2018

OFERTA EDUCATIVA DO CIFP CARLOS OROZA PARA O PRÓXIMO CURSO 2017- 2018 Se queres estudar connosco o vindeiro curso estade ATENTOS !!! En breve vai comezar o proceso de admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional. A presentación de solicitudes para cursar un ciclo de réxime ordinario será do 26 de xuño ao 4 de xullo, mentres na FP Dual dará comezo nos primeiros días da vindeira semana.  A OFERTA formativa de ciclos de grao básico, medio e superior abarca: CFPG Básico Cociña e Restauración CFPG Medio Cociña e Gastronomía CFPG Medio Servizos de Restauración CFPG Medio Panadería, Repostería e Confeitaría...

Read More

Congreso de Innovación na FP, FPInnova 2017.

O pasado mes maio profesores e alumnos do noso centro participaron no Congreso de Innovación na FP de Galicia, FP Innova 2017, que se desenvolveu en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia. A este congreso acudiuse cun proxecto premiado, “Pontevan: FP na rúa” e cun conxunto de actividades desenvolvidas sobre a camelia que ven de ser seleccionado nos proxectos de innovación na última convocatoria. O Congreso FPInnova brindounos a posibilidade de dar visibilidade e presentar o resultado do longo traballo que durante meses estivo levando a cabo o alumnado e profesorado dos catro centros de FP de Pontevedra participantes...

Read More