Mes: Febreiro 2017

Mirar con Tacto

Os futuros guías en turismo accesible e adaptado do noso centro, visitaron onte a exposición “Mirar con Tacto- Pintura para Discapacidad Visual” no Museo de Pontevedra, onde participaron en diferentes talleres didácticos que lles axudou a descubrir e apreciar a arte cos 5 sentidos. O alumnado viviu en primeira persoa a experiencia de acceder aos contidos sobre pintura e escultura especialmente deseñados para público con diversidade funcional: esculturas de bronce e cadros creados para ser tocados co tacto, pero tamén co oído a través dunha audioguía que dirixe o percorrido táctil de cada obra.                          Esta iniciativa...

Read More

BOCADOS DE SAN VALENTÍN

Neste post presentámoste a doce e creativa campaña que o alumnado de 2º curso do ciclo de Panadaría, Respostaría e Confeitaría preparou a semana pasada con ocasión do día San Valentín. Eles, mellor que ninguén, queren contarvos en que consistiu esta xenial actividade… Bo proveito!! “Como cada mércores durante a hora do recreo, abrimos o noso simulado negocio de panadaría e pastalaría “Edupan”. Sendo o agarimo o ingrediente imprescindible en todas as nosas elaboracións, esta vez quixemos transmitir cos nosos productos unha mensaxe moi particular: recordar que hai que dicir ‘quérote’ con todos os nosos feitos, do xeito máis...

Read More

Tour: A Coruña, Vilalba e Lugo

A Coruña, Vilalba e Lugo foron os destinos escollidos para desenvolver esta interesante actividade didáctica na que durante dous días o alumnado de 1º e 2º curso de CSALOX e CSGUIAS tivo oportunidade de realizar prácticas para mellorar a súa aprendizaxe. O primeiro día, o grupo viaxou A Coruña onde realizaron unha magnífica panorámica en inglés da man dunha guía oficial e unha visita ao Hotel Hesperia Finisterre guiados polo seu Director. Na hora de xantar estábanos esperando os nosos compañeiros do CIFP Paseo Das Pontes que conquistaron os nosos paladares cunha estupenda comida. Moitas grazas aos profesores e aos alumnos que nos atenderon magníficamente!!...

Read More

Salón Internacional do Turismo Gastronómico “Xantar 2017”

Alí estivemos. Alumnos e profesores do noso centro acudimos á 18ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico “Xantar” celebrado en Ourense entre os días 1 e o 5 deste mes de Febreiro e que se configura como unha fiestra da calidade da gastronomía de Galicia a outros lugares do mundo, para favorecer o turismo de proximidade e estreitar relacións comerciais entre empresas do sector. O Salón contou cunha gran variedade de actividades tanto para profesionais como para o público en xeral: conferencias, talleres didácticos, showcookings ou cursos de catas nas que o noso alumnado tivo a oportunidade de...

Read More

Holocracia, outro xeito de traballar en equipo

Abrir a mirada non é o mesmo que abrir os ollos, igual que oír non é o mesmo que escoitar. Durante tres sesións de coworking o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos tomou consciencia individual da importancia que ten ser bos xogadores de equipo, sen dúbida todo un reto a entrenar de por vida como exercicio vital de discernimento e reflexión. Trátase de percatarse de que o mapa non é o territorio. Da man de Mariem, Cristina, Noelia e África, coworkers do Espacio Arroelo, descubrimos dunha maneira lúdica e divertida, que cando falamos e comunicamos dámoslle importancia...

Read More

PROYECTO CROWDFUNDING PARA HUERTOS EDUCATIVOS

“Del huerto a la mesa” Proyecto de crowdfunding del alumnado del CIFP Carlos Oroza Si quieres colaborar en el proyecto, pincha aquí y accede a toda la información  GRACIAS !! Desde el 13 de Febrero y hasta el próximo 24 de Marzo  el alumnado de este centro se enfrenta a un nuevo reto: un proyecto de crowdfunding para obtener la financiación para realizar determinadas inversiones de mejora de nuestro huerto educativo. Este proyecto fue seleccionado por la Fundación Triodos para formar parte de la iniciativa “huertos educativos ecológicos” y con él pretendemos que nuestro alumnado conozca y ponga en práctica real el funcionamiento del...

Read More