Mes: Marzo 2016

O hotel Casual pecha as súas portas ata o ano que ven

A semana pasada celebrouse a clausura do hotel Casual, que pecha as súas portas tras meses de intensa actividade. Durante o evento, o alumnado de 2º Curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos, comandado polas profesoras Ana Beatriz López e Teresa Barreiro, explicou ós asistentes o día a día na empresa simulada, unha experiencia inesquecible que quedou reflectida nos vídeos e fotos que se proxectaron durante o acto. Despois, nada mellor que gozar dun aperitivo organizado polo profesor Carlos Rodríguez e os seus alumnos e alumnas e levarse de recordo unha graciosa toalla en forma de can. Pero isto máis...

Read More

Analizando o márketing dixital da man de José Alcañiz

O márketing dixital e unha das ferramentas clave que teñen as empresas de hostalaría de turismo para posicionarse no mercado fronte á competencia e promover os seus produtos e servizos. Para profundar nas principais ferramentas que ofrece esta disciplina, os pasado día 1 o especialista en márketing dixital José Alcañiz citouse co alumnado dos Ciclos Superiores de Aloxamentos Turísticos e Guía, información e asistencia turística no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Durante a charla, os alumnos e alumnas ampliaron os seus coñecementos sobre estratexias como o posicionamento en buscadores, o mailing ou a publicidade en redes sociais; ferramentas...

Read More

3º Campionato de Sumillería Suso Domínguez

O Campionato de Sumillería Suso Domínguez segue medrando. Na súa 3ª Edición o certame bateu un novo récord de participación coa incorporación de alumnos e alumnas procedentes das escolas portuguesas de Coimbra e Oporto. Así, todos os participantes tiveron que pasar 4 probas que acreditaban o seu coñecemento do viño. As dúas primeiras tiveron lugar no CIFP Carlos Oroza e consistiron nun cuestionario sobre a D.O. Ribeira Sacra e nunha identificación de olores de entre 54 aromas do Nez du Vin. Xa no auditorio da cidade infantil Príncipe Felipe  e baixo a atenta mirada do público, os concursantes fixeron...

Read More