Mes: Febreiro 2016

Descubrindo Pontevedra cos sentidos

O pasado venres o alumado de 2º Curso do Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencia Turística puxo en práctica os seus coñecementos sobre o guiado de grupos con discapacidade visual. Desta maneira, aproveitaron a visita dos seus compañeiros do CIFP Manuel Antonio de Vigo para invitarlles a cubrir os seus ollos durante dúas horas e descubrir o centro histórico da cidade dende unha perspectiva diferente. Aromas, sons e materiais táctiles foron algunhas das ferramentas que o alumnado do Carlos Oroza empregou para mergullar a estes visitantes nunha visita sensorial única. Álbum de fotos da...

Read More

O proxecto da lapa continúa en 2016

Como pasa cos grandes proxectos, todo comezou cunha simple idea. A que tiveron 8 mariscadoras de Cangas que pensaron que a lapa podería ter saída comercial en Galicia, tal e como sucede noutras comunidades como a canaria ou a asturiana. Unha afirmación que convenceu ós responsables do CIFP Carlos Oroza que decidiron pór en marcha o Proxecto de Innovación Educativa “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa”. Dende aquela pasou case un ano de absoluta implicación por parte dun alumnado que comprendeu a oportunidade que supón o formar parte dun proxecto destas características para a súa traxectoria...

Read More

FITUR 2016, unha cita co sector profesional

Un ano máis, FITUR congregou en Madrid ás principais empresas e profesionais do ámbito turístico. Aproveitando este evento, o máis importante a nivel mundial do noso sector, o alumnado do CIFP Carlos Oroza trasladouse ata a capital acompañado por varios dos seus profesores e profesoras para así poder complementar a súa formación teórica cunha inmersión no ámbito profesional. Así, os alumnos e alumnas dos Ciclos Superiores de Aloxamentos Turísticos e Guía, información e asistencia turística puxeron rumbo a Madrid o pasado xoves 21 de xaneiro, aproveitando a viaxe para realizar as funcións típicas dos guías correo, coordinando, asistindo e...

Read More