Mes: Xuño 2015

Clausura do curso con Javier Olleros

Peche do curso escolar coas promocións 2013-2015 do alumnado de todos os ciclos formativos da familia profesional de Hostalaría e Turismo, un acto que tivo como padriño de honra a Javier Olleros do Culler de pau, a única estrela Michelín da península de O Grove, e que traballa a prol dunha cociña atlántica que se nutre da man dos pequenos produtores que lle proveen cos ingredientes autóctonos. Na súa intervención o grovense suliñou a importancia de saber destacar a materia prima que nos proporcionan os nosos mariñeiros, marisqueiras, xente do agro, e mesmo moitas pequenas empresas que procuran novas...

Read More

Unha cita no CITA

Docentes e alumnado do CIFP Carlos Oroza saíron ás rúas da cidade no día mundial dos museos para realizar unha actividade de márketing viral aplicado ao caso do CITA , centro de interpretación das torres arcebispais. Na actividade convidabase á cidadanía a participar cun pequeno xogo dun pío-pío deseñado para a ocasión  sobre a vida de Pontevedra que alí se pode descubrir. O xogo tamén levaba o convite dunha visita guiada ao CITA e un xantar no CIFP Carlos Oroza, que casualidades do azar, tocou primeiro a unha parella vasca que xa retornara das súas vacacións e posteriormente nun...

Read More

Visita á Quinta de San Amaro

Nada permanece neste mundo, nin siquera os  nosos problemas,  nada máis recibirnos Nacho Crespo da Quinta de San Amaro,  o alumnado do CS Xestión de Aloxamentos Turísticos de 1º curso xa reparou de que estaban ante un hotel rural *** e restaurante que por algo é un referente na oferta con encanto baseada no enoturismo, que destaca pola súa persoal decoración e deseño de acolledores espazos, alén de pola súa calidez na benvida. Da man de Nacho, un dos socios propietarios, recibimos unha extraordinaria e cálida benvida, transmitíndonos a súa experiencia desde os seus inicios, posta en marcha, xestión...

Read More