Mes: Maio 2015

” Mil primaveras máis” para a festa das letras galegas

“Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nos duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. Álvaro Cunqueiro Mil primaveras máis,...

Read More

A asociación Juan XXIII viaxa co alumnado do CIFP Carlos Oroza

Dentro do programa de turismo accesible “Para ti, para min e para todos”, o CIFP Carlos Oroza continúa con actividades como a colaboración coa Asociación Juan XXIII.  As actividades arrancaron coa visita a sede que a asociación ten en Pontevedra co obxectivo de coñecer mellor a discapacidade intelectual e así coñecer e aprender sobre a mellor atención como turistas e viaxeiros. Con posterioridade foron o alumnado da asociación Juan XXIII quen se achegaron oa CIFP Carlos Oroza para desenvolver varios talleres  co obxectivo de traballar a autonomía das persoas cara a autoxestión de actividades de vacacións e lecer.  A idea é que durante os...

Read More

Oroza Fashion Show 2015

Oroza fashion show, un evento simulado moi real, que o  alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos e CS Guía, Información e Asistencia Turísticas realizaron no Pazo da Cultura de Pontevedra, como proxecto final do módulo de Protocolo e Relacións Públicas cun evento simulado pero con todo viso de realidade. Neste singular evento, no que se misturaron moda e turismo, o alumnado puxo en práctica os coñecementos adquiridos ao longo da súa formación,  planificando todos e cada un dos detalles: recepción de convidados, deseño do logo, protocolo, redacción dos discursos, decisións arredor da etiqueta requerida para a ocasión, centros de mesa…un...

Read More

Masterclass de Il Piccolo, Francesco Iannelli

Recibir a un experto como Francesco  Iannelli foi todo un luxo para o alumnado do ciclo medio de cociña e gastronomía do CIFP Carlos Oroza. Recén chegado de Madrid, onde recolleu a certificación da Unión de Cámaras de Comercio Italianas e o Instituto Nacional italiano para as Investigacións Turísticas no Salón Gourmet, xunto con outros 20 restaurantes de entre todos os italianos que hai en España, Francesco , propietario do restaurante italiano-pontevedrés de máis sona, “Il Piccolo”, amosou ao alumnado nunha masterclass, como elaborar  pasta  branca,  de sémola,  espinacas,  puttanesca, ou pasta vexetariana a base de “farine de blé truffier” que trae ex profeso  dos cultivos...

Read More