Mes: Abril 2015

Industrias Alimentarias toma a capital

OS PANADEIROS E PASTELEIROS TOMAN A CAPITAL O alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría da familia de Industrias Alimentarias visitaron en Madrid INTERSICOP,  o maior evento internacional para o sector da panadería e da pastelaría que tamén coincidiu en lugar e tempo co  Salón de Gourmets 2015, un 2 x 1 que fixo que o alumnado disfrutase por partida dobre. Acompañados de Beatriz Martínez Ruíz  e Jacobo Otero Garrido, visitaron  tamén  distintas pastelerías e panaderías madrileñas que están entre as mellores de España e algunha incluso do mundo, como a que ten...

Read More

Disfrutar da comida que non vemos

Disfrutar da comida sen vela….. iso foi o que fixeron os 47 invitados que participaron no xantar adaptado o mércores 22 de abril na aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro.   O alumnado de 1º curso dos CM Servizos de restauraciópn e CS Guía, información e asistencia turísticas, foi especialmente formado por persoal técnico da ONCE para poder recibir e atender correctamente ás 31 persoas que viven con perda total ou parcial de visión e que non quixeron perder este menú tamén especialmente deseñado para eles, ainda que tamén contamos con 6 usuarios da asociación Juan XXIII que disfrutaron tamén...

Read More

Do gris ao violeta

“ Chorín por non ser home”, así comezaba hai xa dous anos a achega do alumnado do CIFP Carlos Oroza á memoria das súas avoas, das mulleres pioneiras, traballadoras, resistentes, e rebeldes, que construíron o presente da mocidade actual. Daquela foron Montse Fajardo autora do libro “ Matriarcas” e Gloria Lijó, quen se achegaron ao centro nunha conferencia conversa que deixou pegada no alumnado. Despois foron o alumnado do CS Guía, información e asistencia turística quen entrevistaron a outras mulleres, descubrindo relatos de vida das mulleres obreiras de Pontevedra e que incorporaron á visita guiada no barrio da Moureira...

Read More

O Salnés: A golpe de mar

Cantas veces temos dito ao degustar un produto mariño: “como sabe a mar”! Pero o mar tamén se saborea “mollando” os pés. Así o fixeron o alumnado 1º C.S. Guía, información e asistencia turísticas e 1º C.S. Xestión de Aloxamentos, na visita que fixeron en Cambados con Patricia, da asociación de marisqueiras de GUIMATUR, e guía por un intre, quen mellor para explicar a vida da ría que unha persoa que vive por e para o mar.     Posteriormente visitaron Cambados coa técnico de turismo Marién González e a guía Fátima Tirado, ex- alumna do CIFP Carlos Oroza...

Read More

As emocións das viaxes son sempre pequenas historias de volta na maleta

A alumna de Publicidade e Relacións Públicas,  Alba Rodiño, realizou as súas prácticas do CAP , durante a súa estadía no CIFP Carlos Oroza, e presentou ao alumnado de 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas e 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos, dentro do módulo de marketing, contidos sobre comunicación no sector turístico, tendo que presentar o alumnado  carteis turísticos creativos. O reto: facelos nunha hora sen máis medios cunha cámara, recortes de revistas, e a contorna do centro.   No seguinte enlace amósanse carteis presentados polo alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos e 1º de Guía,...

Read More

Proxecto ciencia e gastronomía dos produtos da acuicultura de Galicia

A acuicultura e a gastronomía son dous sectores en auxe que aspiran a converterse en estratéxicos para a economía galega. Conscientes disto, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, que imparte as ensinanzas en acuicultura e mergullo, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, que imparte as ensinanzas de Hostalaría turismo e industrias alimentarias   fixemos una alianza en colaboración co Consello Regulador de Denominación de orixe Protexida Mexillón de Galicia, a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA), a Asociación Galega de Piscifactorías de Troita de Galicia (ATRUGAL) e...

Read More