Mes: Marzo 2015

Árbores que falan a través dos sentidos

Experiencia sensorial a través do patrimonio arbóreo na Alameda de Pontevedra, nun paseo no que o Ciclo Superior de Guías, información e asistencia Turística do CIFP Carlos Oroza, utilizou os sentidos do tacto, olfato e gusto cun grupo de asociados da ONCE acompañados dos concelleiros de patrimonio Luís Bará e de cultura Anxos Riveiro, que se colocaron os antifaces para facer o percorrido acompañados e guiados polo alumnado. Nesta ocasión, os recursos a coñecer foron 18  árbores ornamentais que forman parte das vidas das persoas que temos a sorte de vivir en Pontevedra, un patrimonio natural e vivo que...

Read More

Hotel Casual, un gran equipo

Xa pasou un semestre desde que o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos comezara a moi interesante aventura de manter aberto o Hotel Casual durante o curso 2014-1025, pero todo ten o seu final, que tamén o é do comezo da formación en centros de traballo, FCT, e na que a experiencia do hotel virtual e da simulación empresarial xogará ao seu favor polo aprendido cunha chea de trámites reais. O grupo deu a  benvida ao profesorado e alumnado do centro para dar a coñecer as tarefas realizadas nesta andaina na que se traballou de xeito paralelo entre...

Read More

Entre lobos e estrelas

Lagoas e glaciares, teixos do cuaternario únicos en Europa, camiños do ferro, estacións vivas…son recursos, que ao igual que os pementos de Monterrei ou  Arnoia, precisan ser cociñados con outros ingredientes e presentados nun paquete a familias con pequenos, empresas, xubilados, grupos de escolares…porque, acaso todos buscamos o mesmo? Javier Otero, consultor acreditado en Calidade Turística  (Q) polo ICTE e TURGALICIA, realizou un obradoiro sobre planificación e desenvolvemento de produtos turísticos, ” Do territorio ao destino a través do produto”. Nel,  o alumnado de 1º e  2º Guía, información e asistencia turística, pudo poñer en práctica todo o aprendido ao...

Read More

Aromas, paixón e profesionalidade no 2º Campionato de Sumillería Suso Domínguez

O arrecendo dos caldos e pratos preparados nas dúas xornadas, a paixón pola interpretación dos nosos recursos vitivinícolas,  e a profesionalidade amosada por todo o alumnado colaborador e partipante  no 2º Campionato de Sumillería Suso Domínguez, fixeron da  cerimonia que  reuniu  a profesorado e alumnado de toda Galicia e norte de Portugal, unha xornada que quedará para a memoria. Nela houbo espazo para probas tan variadas como un test da DO Ribeiro, patrocinador nesta edición do certame,  a identificación de olores e sabores dos caldos  realizada no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, baixo os focos, e coa silenciosa...

Read More