Mes: Febreiro 2015

Showcooking, interpretando o patrimonio

2º Certame e renovadas ilusións na maridaxe ” Showcooking – Interpretación do Patrimonio” Paixón pola profesión, creatividade aderezada de sensibilidade, e respeto polo que se fai, foron os ingredientes das recetas dos ponentes da 1ª xornada do Campionato de Sumillería Suso Domínguez. O showcooking  a cargo de Pepe Solla , Iñaki Betral e Diego López na xornada de mañán deixou pegada nos futuros profesionais que tamén presentaron posteriormente as súas elaboracións.”O punto  0″ según Solla,  dun presente con moita forza e dun futuro ao que lle queda moito por falar, pero no que os alicerces están asentados na Rede Galega...

Read More

Sta. Mª da Freira, outra escola lusófona irmá

Continuamos a andaina cos intercambios cos veciños e xa amigos portugueses. Nesta ocasión foi coa  Escola de Hotelaria e Turismo de Sta. Mª da Freira, nunha visita na que o IGAFA con quen o CIFP Carlos Oroza vén desenvolvendo proxectos de colaboración, volveu ser punto de referencia e  irmá anfitrión.   A sala de acuaroloxía foi unha das que máis sorprendeu. Descubrir sobre a dificultade dalgunhas especies para aparearse ao non haber feeling entre machos e femias, foi unha das curiosidades da visita que máis impresionou ao alumnado. Posteriormente visitaron as instalacións do CIFP Carlos Oroza e degustaron un menú...

Read More

Elevado nivel competitivo no III Campionato Internacional de Cata de Cafés e VII e de Baristas

17 centros educativos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Viana do Castelo e Lamego- Douro de Portugal competiron na VII edición do Campionato de Baristas e III do Campionato Internacional de cata de cafés que tivo lugar en Foz Acompañados pola súa profesora e preparadora Maica Couto, o alumnado do CIFP Carlos Oroza acadou un segundo e séptimo posto nunha competición na que ano tras ano se eleva o nivel de competencia do alumnado á par que se incrementa o número de escolas participantes.   .    Os tres primeros postos no III Campionato Internacional de Cata de...

Read More

Segunda, terça e quarta-feira para compartir coa Escola de Hotelaria e Turismo do Douro

O intercambio gastronómico e enoturístico entre a Escola de Hotelaria e Turismo do Douro – Lamego e o CIFP Carlos Oroza ten deixado moitas imaxes, risas, vivencias, e aprendizaxes entre todas as mozas e mozos. As xornadas foron intensas, cun programa no que Francisco Orge, profesor responsable dos proxectos internacionais ten traballado arreo, e no que a colaboración entre ciclos-alumnado e profesorado ten sido fundamental para poder disfrutar destes días no que houbo numerosas visitas ao patrimonio pontevedrés e da comarca do Salnés, e que culminou cun xantar lusófono elaborado e servido polo alumnado portugués acompañados e guiados polo...

Read More

Industrias Alimentarias sensibilizando co cancro

O alumnado do  CM Panadaría, repostaría e confeitaría do departamento de Industrias Alimentarias, acompañados por Sonia Cabanas, profesora do departamento, plantexaron unha actividade que naceu no obradoiro da man dun grupo de alumnos. Lendo e pescudando na redes, descubriron que os distintos tipos de cancro presentaban diferentes cores. E como nas aulas-obradoiro non so se elabora, tamén se conversa e se crea, idearon  e reflexionaron sobre a similitude das cores das galletas e a manifestación nos múltiples tipos de cancro, e propuxeron colaborar coa Asociación Española contra o Cancro, AECC. Así, o mércores 3 e xoves 4 de febreiro, a...

Read More

O Hotel Casual continua a súa andaina

Nesta ocasión, a aula Hotel Casual recibiu a un grupo de turistas británicos que decidiron pasar uns días de lecer en Pontevedra. Na visita-simulación,  que durou uns 40 minutos, houbo intérpretes de hóspedes británicos acompañados da súa profesora de inglés Eugenia de Saá, quen supervisou os diálogos como exercicio oral para o grupo de 1º de Guía, información e asistencia turística. Teresa Barreiro e Ana Beatríz López, profesoras de FOL e Hostalaría e turismo respectivamente, supervisaron a documentación e trámites que xorden tanto no front-office como os que posteriormente pasan ao back-office.   Álbum da actividade Hotel Casual Hotel...

Read More