Mes: Xaneiro 2015

Colaboración HOTUSA- CIFP Carlos Oroza-FITUR

Unha delegación de 52 alumnos e 4 profesores participaron na “Muestra gastronómica” do Grupo Hotusa, un evento enmarcado nas actividades da Feira Internacional de Turismo FITUR. Este evento foi desenvolvido o 29 de xaneiro no hotel Eurostars Madrid Tower de Madrid, un dos hoteis de luxo de máis recoñecido prestixio de España. Esta mostra gastronómica, escaparate da promoción da cociña que se ofrece nos hoteis do grupo,  contou coa colaboración do CIFP Carlos Oroza para a súa posta a punto e desenvolvemento. O pasado ano, o evento reuniu a máis de 1.000 participantes entre hoteleiros, axentes de viaxes e...

Read More

O patrimonio máis vivo de Pontevedra

Jaime Blanco , guía por unha hora   Xaime Blanco, presidente da asociación micolóxica Brincabois, que vén de receber o  Premio Cidade de Pontevedra 2014 polo seu labor cultural e divulgativo arredor do mundo dos cogumelos, fixo desta vez de guía do alumnado de 2º CS Guía, información e asistencia turísticas do CIFP Carlos Oroza, nun entorno privilexiado como é o xardín da Alameda, descubrindo o patrimonio máis vivo de Pontevedra.   Recursos como a Araucaria Excelsa, o Callistemon Linearis máis coñecido como limpatubos, ou a Cinnamomum Camphora, da que hai anos se facían as bolas de alcanfor e...

Read More

Tender unha man, pero que sexan os ollos

TENDER UNHA MAN, PERO QUE SEXAN OLLOS Guiar non é fácil, confiar en quen tende o brazo tampouco. Formarse no guiado aos clientes invidentes nun hotel é unha aprendizaxe que require de especialistas, e para iso nada mellor que a organización da ONCE coa que o CIFP Carlos Oroza leva colaborando desde hai anos e que da continuidade ao asimilado previamente en clase. Recibir a un cliente, acompañalo ata un ascensor, conducir ata o comedor e dar as explicacións oportunas sobre a disposición na mesa, guiar ata o coche, explicar a cidade desde outra óptica…ollar doutro xeito, en definitiva...

Read More

Deseño de alta pastalaría e innovación

Tal e como comenta Sonia Cabanas Arias, profesora do departamento de Industrias Alimentarias, a innovación e o deseño son a base dos módulos de “Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría” e  ” Produtos de obradoiro”, que xunto co módulo de ” Empresa e iniciativa emprendedora”,  prentenden traballar conxuntamente múltiples destrezas e coñecementos co alumnado. Son eles quen pensan no escaparate presentación do que previamente elaboraron no taller, quen crean o logotipo, quen procuran ideas dependendo das festas e momentos gastronómicos, e sobre todo e un dos aspectos máis importantes, quen deciden como sorprender e innovar na...

Read More

Somos panaderos soñadores

O   CM Panadaría, repostaría e confeitaría abre os recreos do mércores, da man do seu profesor Jacobo Otero, Edupan, un obrador de cara ao público no que o alumnado continúa coa súa clase, pero desta vez aprendendo o a interactuar na atención ao cliente, a fin de contas, non abonda con saber traballar so no obradoiro, tamén hai que aprender a vender.   EDUPAN...

Read More

A piques de titular 2º CS visita as OIT

O alumnado de 2º curso do ciclo de Guía, información e asistencia turística, acompañado pola profesora María José Lores, visitaron o día 14 de xaneiro dous dos puntos de información turística da cidade de Pontevedra: a sé de Turismo Rías Baixas, e a oficina dependente de Turismo de Galicia. No palacete dos Mendoza, onde se ubica a oficina de Turismo Rías Baixas,  fixeron unha visita guiada polas instalacións do centro, coñecendo as  funcións como servizo turístico  e  proxectos como o  da plataforma “Smart Destination” .Posteriormente visitaron a OIT dependente de Turismo de Galicia, onde os informadores turísticos lles contaron temas...

Read More

Convocatoria de acreditación de competencias de 2015

Publicada a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015. Consultar a orde da convocatoria no seguinte enlace: DOG, Nº...

Read More