Mes: Novembro 2014

Conta atrás para a chegada dos puntos de información turística

O pasado mércores celebrouse na aula de 2º de Guía, información e asistencia turística o acto de inauguración dos puntos de información turística “GUIAT”. Os asistentes, convidados a través dunha orixinal invitación a modo de billete de avión, foron informados da futura apertura das dúas oficinas (unha de carácter móbil situada no corredor principal do centro e outra fixa na propia aula de 2ºGUIAT) que tódolos mércores dende o 3 de decembro en horario de 12.00 a 12.30 horas estarán a disposición de todo aquel que desexe información turística de Pontevedra, Galicia e o resto de España. Información que...

Read More

1 º Premio para IVÁN LIU ZHU CM Cociña e Gastronomía

Iván Liu Zhu, alumno do CM Cociña e Gastronomía alzouse co 1º premio na final do I Concurso Nacional de Cocina con carne de xata roxa, cunha receta de morcillo cocido a baixa temperatura.  Acompañado do seu profesor Francisco Orge elaborou un prato coa carne de Mieres nas instalacións da Escola de Hostelería do IES Valle de Aller. Parabéns para os dous!      ...

Read More

A Semana de Cociña de Outono chega ao Carlos Oroza

Esta semana a gastronomía propia da tempada outonal é protagonista no CIFP Carlos Oroza. Foi o pasado venres cando deu comezo esta iniciativa coa recollida de exemplares de cogomelos por parte do alumnado no monte de Campañó. As xornadas gastronómicas proseguiron o luns coa montaxe no corredor de entrada do centro cunha exposición de cogomelos silvestres, ingredientes centrais dos menús temáticos que desde o luns pódense degustar no restaurante Álvaro Cunqueiro. Será mañá cando a semana de cociña de outono chegue ao seu fin coa celebración de diversos actos como unha charla de introdución á micoloxía a cargo do presidente...

Read More

Descubrindo o Centro de Recursos Educativos da ONCE

Un ano máis consolídase a colaboración entre o CIFP Carlos Oroza e o Centro de Recursos Educativos da ONCE. Foi o pasado venres cando os estudantes de 2º curso do CS de Guía, información e asistencia turística e a súa profesora Tina Otero visitaron este centro, que ten como obxectivo mellorar a formación do alumnado na área de accesibilidade tanto a monumentos, visitas guiadas ou establecementos de hostalería en xeral. Esta actividade marca o inicio dunha serie de accións conxuntas entre o noso centro e a ONCE, xa que máis adiante estes mesmos estudantes porán en práctica os contidos...

Read More

Cita no CITA

Con motivo do cuarto aniversario do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), o alumnado de 2º GUIAT realizou unha visita guiada a través dos sentidos con Etnoga, empresa que actualmente xestiona o centro. Para elo cubriron os seus ollos, como preámbulo ao curso que días despois realizarían na ONCE de cara a coñecer como realizar visitas guiadas con persoas con esta discapacidade. O alumnado accedeu ao  centro de interpretación das torres arzobispais cos ollos pechados, sendo convidados pola súa guía Vanessa a descubrir e deducir sobre onde se atopaban a partir do arrecendo a humidade, que delataba inmediatamente...

Read More

O Hotel Casual prosegue a súa actividade

Xa pasaron máis de 3 semanas desde que o Hotel Casual abrira as súas portas o pasado 21 de outubro. Desde aquela foron moitas as situacións e cometidos a abordar por parte do alumnado  de segundo curso do CS  Xestión de aloxamentos turísticos. Check-in en diferentes idiomas, solicitudes de reserva, queixas desde as habitacións e mesmo peticións de orzamentos para celebración de vodas son so algunhas das tarefas coas que o persoal do establecemento tivo que lidar durante estas tres primeiras semanas. Días que quedan reflectidos nas fotografías incluídas no Flickr do centro. Para poder velas é tan sinxelo...

Read More

SKILLS 2014 : 3 medallas de prata con nomes femininos

Habilidade, talento, capacidade, competencia, preparación, destrezas, aptitudes, axilidade…foron as cualidades que amosaron Victoria Suárez Bello do CM Panadaría, repostaría e confeitaría, Ana Rodríguez Basteiro do CM Servizos en restauración, e Nuria Limeres Trigo do CM Cociña e gastronomía, quen acompañadas dos seus profesores Jose Manuel Rey e Jorge Verdeal participaron nos premios Galicia Skills 2014. Noraboa a elas e eles, polo seu traballo que se viu recompensado con 3 medallas de prata que se veñen para o CIFP Carlos Oroza. Video Skills 2014...

Read More

Samaín 2014

O pasado xoves 30 de outubro o Samaín tivo o seu particular festexo no CIFP Carlos Oroza. A representación teatral sobre a orixe da festividade, o concurso de cabazas e a degustación de comidas e bebidas do máis arrepiantes serviron para marcar o comezo dun (longo) fin de semana cheo de meigas, demos, trasnos e diaños. E aínda que o centro xa perdeu as súas telas de araña e mans ensanguentadas, sempre podemos recordar o Samaín grazas ao álbum de fotos dispoñible no noso Flickr: Álbum de...

Read More