Mes: Outubro 2014

Práctica de protocolo real

O alumnado do CIFP Carlos Oroza realizou unha práctica real no Hotel Reconquista en Oviedo trala entrega dos premios Príncipe de Asturias. No servizo participaron os segundos cursos do Ciclo Superior de Dirección de Cociña e Ciclo Superior de Dirección de Servizos en restauración, nunha experiencia na que puderon constatar o aprendido no módulo de protocolo e na que estiveron acompañados polos profesores Maica Couto, Francisco Prieto, Daniel Pulzoni, Antonio Suárez, e Tina Vázquez, así como polo secretario e director do centro, Juan Ferradás e Manuel Hermo respectivamente.   Facebook Oroza Twitter Oroza Pontevedra Viva O menú baseado en...

Read More

O Hotel Casual abre as súas portas

Un ano máis o Hotel Casual comeza a súa actividade. Foi onte cando os alumnos do segundo curso do Ciclo Superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos puxeron en marcha esta empresa simulada baixo a supervisión das profesoras Ana López Viqueira e Teresa Barreiro Abilleira. Desta maneira, tódolos departamentos, dende Recepción ata Administración pasando por Eventos e Marketing, coordináronse para atender ás múltiples solicitudes telefónicas que tiveron lugar durante toda a mañá. E así seguirán tódolos martes de 9 a 11 ata o 3 de marzo. Un servizo profesional para un hotel de 5 estrelas. Álbum de fotos  ...

Read More

Memoria de mulleres

O CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, CEIP San Martiño de Salcedo, CEIP San Benito do Lérez IES Frei Martín Sarmiento, e IES Luís Seoane presentaron os traballos realizados co alumnado arredor da construcción da memoria das mulleres pontevedresas. O CIFP Carlos Oroza presentou as entrevistas cos relatos de vida e fotografías dixitalizadas da vida das mulleres obreiras, alén das conclusións das tarefas que realizaban artesanalmente e que tamén foron trasladadas á visita guiada no barrio da Moureira onde nace a cidade. O proxecto ten por obxetivo construir un fondo documental gráfico e audiovisual e unha enciclopedia virtual sobre...

Read More

Destino Munich

Os familiares do alumnado da FP Dual con destino Munich despedíronse deles no aeroporto de Peinador. Serán tres meses nos que combinaran a formación nos hoteis da cadea hoteleira Hotusa do grupo Eurostar xunto coa formación on line na plataforma de teleformación galega....

Read More

Visita á Adega Eidos

O pasado luns 6 de outubro o alumnado de segundo curso do CS Dirección de Servizos en Restauración e do CM Servizos en Restauración tivo a oportunidade de visitar a Adega Eidos, situada na parroquia de Padriñán, en Sanxenxo. Alí foron recibidos polo xerente da empresa, Marcelo Radío, con quen puideron descubrir todas as fases do proceso de elaboración do viño, desde a recollida da uva ata o servizo en mesa. E nada mellor para rematar a visita que unha clase maxistral de cata grazas a cal o alumnado tivo a oportunidade de degustar 3 dos viños albariños con...

Read More