Mes: Febreiro 2014

Campionato de sumillería Suso Domínguez

As xornadas do 1º campeonato de sumillería Suso Domínguez reuniron  a profesorado e alumnado de todos os centros educativos de Galicia nos que se imparten as ensinanzas de hostalaría e turismo, ademais  da Escola de Hostalería de Douro-Lamego de Portugal. O concurso tivo probas tan diversas como un cuestionario sobre a D.O Rías Baixas, unha proba de identificación de erros nunha carta de viños, un test de identificación de olores e de sabores, e unha última proba de identificación de viños realizada no escenario do auditorio da cidade infantil Príncipe Felipe baixo a atenta mirada do público. Como xurado ...

Read More

Enoturismo, cultura gastronómica e empreendemento

Na primeira xornada do campionato de sumillería contamos cuns convidados de excepción, todos eles especializados e propietarios de negocios turísticos nas Rías Baixas, todos eles con establecementos nos que as palabras mimo, confort, deseño, sensibilidade e bo gusto se quedan pequenas para definir o bo facer, a constancia, a pasión por entender e atender cada día máis e mellor aos clientes, non so turistas, senón tamén veciños da comarca, xa que todos eles comercializan tamén outros produtos ademais do aloxamento. Xoán Canas do instituto galego do viño, nariz de ouro e reputado experto no mundo vitivinícola insistiu na formación...

Read More

Exposición dos días escolares da non violencia

Incitar a reflexionar so o 30 de xaneiro parecíanos pouco, de ahí que a exposición que convidaba a razonar e rascar nas razóns da falta de paz en moitos lugares do mundo fose clausurada un mes despois. Pawel Kuczynski nacido en 1976 e intelixente na súa comunicación satírica sobre o mundo foi o ilustrador escollido para contar o porque da violencia deste mundo...

Read More

Visita da escola de Sta. Mª da Feira

A visita da escola de Sta. Mª da Feira ao IGAFA sorprendeu ao alumnado portugués, que descoñecía as instalacións de minicriadeiros na que se producen sementes de moluscos como ameixas e ostras para despois repoboar os bancos marisqueiros das nosas costas ou para o seu cultivo en viveiros. Posteriormente xantaron no CIFP Carlos Oroza nun servizo realizado polo 2º CM cociña e gastronomía e 2º CM servizos, quen amosaron as súas destrezas cun servizo á inglesa.  ...

Read More

Derradeiro buffet previo á FCT

2º Dirección cociña e servizos presentaron o seu derradeiro buffet nunha xornada cargada de lembranzas e cun soño, o de comezar xa coas prácticas nas empresas, a FCT, formación en centros de traballo na que o alumnado cursará o derradeiro módulo do ciclo formativo coa ilusión e gañas de acceder a un futuro emprego. Boa sorte para todos, agora comeza outra aprendizaxe.  ...

Read More

Visita CEE Saladino Cortizo

O Saladino Cortizo de Vigo visitou as instalacións do centro interesándose especialmente polos petiscos, tomando ideas para despois poñer en marcha nas súas clases. Co profesor Ricardo Fernández, quen lles ensinou a cortar un peixe e preparar...

Read More

Visita colexio Doroteas

Os cativos e cativas do colexio as Doroteas participaron nun obradoiro sobre alimentación e hixiene na preparación dos alimentos, para elo puxéronse coas mans na masa xunto cos seus profesores por un día: o alumnado dos ciclos formativos de hostalaría....

Read More

Mercado da distribución on line

José Alcáñiz, xerente da central de  reservas online Buscadestinos e especializado nas áreas de comercio electrónico, publicidade, internet, medios sociais, e marketing dixital, achegou ao alumnado conceptos ligados á implementación das ferramentas do marketing on line. O efecto Streisand, costo por click, CPC, costo por adquisición, CPA, campañas na rede con GDN, foron entre moitos outros, termos que fixeron que o alumnado se decatase da velocidade e das mudanzas no que atinxe ao mundo on line. Alcáñiz é tamén un dos organizadores do The Monday Reading Club Vigo, un clube de lectura de marketing, ademais de colaborador da fundación Esterea, empresa orientada a ofrecer servizos...

Read More

Presentación 1º Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Conta atrás para o  comezo do 1º campionato de sumillería  no que participarán todas os centros educativos de hostalaría e turismo de Galicia máis Portugal. O mércores 26 está confirmada a presencia de Ruth González, xerente do Patronato de Turismo Rías Baixas que compartirá con Xoan Cannas do instituto galego do viño a charla sobre as redes sociais e o enoturismo, así como o potencial turístico dos roteiros. Comezará ás 9:30. A continuación, ás 11:30, a mesa redonda na que participarán Marcelo Radío da adega Eidos de Padriñán, Nova Vila Rías Baixas con Jose Luis Vilanova, e Nacho Crespo...

Read More

1º GUIAT, embaixadores eTwinning

Os embaixadores eTwinning de 1º GUIAT acaban de publicar a súa presentación ante os socios de Bulgaria, Francia, Polonia, Grecia, e Turquía, países colaboradores no proxecto “Sharing cultural treasures” no que tamén colabora a profesora de inglés Eugenia de Saá. Desde este recuncho queremos felicitar tamén á profesora polaca  Lucyna Nocón Kobiór,  actual colaboradora no proxecto e ao seu alumnado do curso 2012-2013, que co proxecto On the air se atopa entre os finalistas candidatos aos premios eTwinning 2014.  From Pontevedra to eTwinningSpace eTwinning...

Read More
  • 1
  • 2