Mes: Xaneiro 2014

Aromas para comer

Un dos obxetivos do centro de formación é innovar, crear, e animar a mellorar o servizo, sempre coa intención de sorprender aos convidados e de facer que a velada sexa o máis grata posible. Os convidados de hoxe tiveron unha maridaxe especial, un café con arrecendo a canela, unha explosión de sabores, olores, e colores, os dos globos que agochaban este condimento coñecido polo seu agradable aroma e polas súas propiedades dixestivas e relaxantes. Imaxina unha mellor maneira de finalizar un xantar?    ...

Read More

Noites abertas

A mocidade pontevedresa está de noraboa, a cidade desperta ao lecer todas as fins de semana ata finais de abril. Multiplicidade de actividades, todas de balde, e cun abano tan amplo e atractivo como a propia presentación nos centros educativos. Gatos pardos e panteras noctámbulas sorprenderon e anunciaron ao alumnado a carta de obradoiros . Pica na imaxe e accede ao...

Read More

Degolación dun viño

Ritual? Posta en escea? Ningunha das dúas opcións, a pesar de que presenciar a degolación dun viño sempre suscite atención. Os futuros profesionais do sector saben que un viño é un organismo vivo que está en constante evolución, que continua respirando a través do corcho, e que os vellos viños non poden ser estragados por una cortiza que quizás non poda ser retirada sen perxudicalo. De ahí que se ensine o proceso do degüelle coas tenazas, para preservar as características organolépticas do caldo. Se desexa aprender a facelo, pique na fotografía para acceder ao video demostración....

Read More

FITUR, o mercado do turismo

23, 24 e 25 de xaneiro, cita á que acudiu o alumnado de turismo de cara a coñecer  a feira de turismo internacional, FITUR. Como non podía ser doutra maneira aproveitaron para visitar o museo do Prado, Palacio de Oriente, residencia oficial da raíña Isabel a Católica no século XV, e panorámica  por Madrid, ademais de visita guiada por Segovia e Alcázar.   Álbum...

Read More

Concursos: Master tortilla e Top Pintxos

Conta atrás. Tal día  como hoxe dentro dun mes terá rematado o 1º campionato de sumillería que acolle ás xornadas de  “Enoturismo, cultura gastronómica e empreendemento” que lembran e homenaxean ao que foi compañeiro e xefe de estudos, Suso Domínguez. Entretanto,  traballamos no deseño das xornadas que achegarán ao centro a numerosos profesionais do sector, algúns deles formarán parte do xurado que escollerá a mellor tortilla e  petisco, por eso de ir abrindo boca.       Certame Suso...

Read More

Edupan, con sabor ao recén feito

O grupo de 1º CM Pastalaría, repostaría e confeitaría inaugurou o seu punto no obradoiro do departamento de Industrias Alimentarias. Os mércores a comunidade educativa poderá achegarse ao posto de Edupan para adquirir pans con sabor a curri, amapoulas, kiwi, ketchup, olivas… Se non queres quedar sen pan, corre nada máis tocar o timbre a Edupan!      ...

Read More

Sidra 100% ecolóxica, e galega

Maeloc é unha sidra galega elaborada 100% con mazás ecolóxicas conforme ás prácticas da agricultura ecolóxica de Galicia Calidade. José Luis Olmedo, en representación de Hijos de Rivera S.A.U, explicou ao alumnado o proceso de fabricación e análise da sidra, que ademáis de mazás, mestúrase con amorodos, peras, e moras, o que fixo que a cata á que asistiu o alumnado de 1º CM Servizos en restauración, fose non so unha presentación para aprender a catar, senón unha cata cun punto hedonista e de descuberta dun produto innovador no mercado. O eslogan que acompaña á bebida tamén ten un punto moi...

Read More

La alacena roja

Xa está aquí o primeiro número da revista La alacena roja, unha alacena que contén todo o prohibido e vencellado cos placeres da vida: da vide a copa, das cousas do comer, das descubertas e estreas…unha achega e lectura imprescindible para todos os profesionais da hostalaría e o turismo. Ésta é a túa alacena, a que te suministrará todas as novas, entrevistas,  eventos…que teñen que ver co sector. Neste primeiro número o noso centro cobra protagonismo como referencia que é no ámbito da formación da hostalaría e turismo, ademais de recoller unha entrevista con Jose Luis Cuerda, cineasta e...

Read More

Certame Suso Domínguez

As xornadas de Enoturismo, cultura gastronómica e emprendemento que terán lugar os próximos 26 e 27 de febreiro dentro do certame Suso Domínguez  xa ten cartaz gañador, o do alumno  Esteban Fojo Garrido do IES Montecelo. Trala homenaxe no curso pasado ao que foi compañeiro e xefe de estudos, este curso terá lugar o que será o 1º Campionato de Sumillería de Galicia, no que participarán os centro educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como escolas de Portugal. Certame Suso Domínguez...

Read More
  • 1
  • 2