Mes: Novembro 2013

Erasmus

Andrea, Adrián, Jacobo, Raquel, Ricardo e María, envíannos estas fotografías da súa estadía en Malta. Velaí van algunhas imaxes agora que estamos en pleno proceso de selección para facer as FCT no extranxeiro.     Francisco Orge Lorenzo, profesor responsable das estadías no extranxeiro pasará polas aulas para explicar as probas. Ánimo co...

Read More

Sexting, sextorsión..maltrato…AUTOESTÍMATE

Sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying..maltrato…AUTOESTÍMATE Esta semana arranca a 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, data, que nos lembra as 45 vitimas no que vai de ano, e as 703 na última década, datos que fan que nos ericemos, cifras ás que non se lle pode dar a espalda, como se non fose connosco, como se fose noutra sociedade que nos é allea. En contra do que se soe decir, a mocidade sufre de maltrato, sexa baixo novas fórmulas on line  (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying…), sexa a través das relacións que manteñen con persoas achegadas. Por...

Read More

Na pel dos nosos devanceiros: a conservación da memoria

Hai 4000 mil anos, os nosos antepasados deixaron pegadas da súa  presenza a través de enigmáticas figuras gravadas nas rochas, convertendo Campo Lameiro  nunha das maiores concentracións de arte rupestre ao aire libre do continente europeo. O alumnado de 1º Guía, información e asistencia turística e 2º Xestión de aloxamentos compartiron  unha aventura singular e percorreron un camiño cheo de adiviñas, transportándose á idade de bronce e tentando discernir sobre cal das hipótesis pode estar máis cerca do que significan os petroglifos: Chamáns, guerreiros, cazadores… Álbum da xornada O parque arqueolóxico de Campo Lameiro, memoria social de grupos humanos...

Read More

Cociñando para a TVG

O ficheiro XML non existe O noso  compañeiro Jorge Sánchez Verdeal grabando para o programa Revista de fin de semana. Está a facer un bacallao ao Pil-Pil e un lomo de venado. Que arrecendo e sabor!!! O  programa que emite a TVG  os sábados e domingos na franxa horaria do mediodía, aborda numerosos temas de actualidade, ademais de incluir unha sección adicada á cultura gastronómica, viaxando a través dos restaurantes da nosa comunidade, e tendo a oportunidade de aprender da man dos mellores xefes de cociña, neste caso tamén profesor, todo un veterán na materia, ademais de colaborador en...

Read More

Tiflotecnoloxía, escotomas, percepción háptica,…un mundo descoñecido e tan próximo!

Tiflotecnoloxía,percepción háptica,escotomas…un mundo descoñecido e tan próximo! O centro de recursos educativos da ONCE, o CRE, abriunos as súas portas como xa vén sendo habitual desde hai uns anos. Agustín, Marisol e Geno, fixéronnos sentir a organización nacional de cegos todavía máis próxima do que de por si xa é coñecida. 75 anos de vida, premio ondas na modalidade de publicidade radiofónica, príncipe de Asturias da concordia, e un largo e intenso camiño percorrido polos profesionais que a conforman e asociados, non son máis que o resultado dun traballo responsable, intenso e apasionado polo querer e crer na educación dos rapaces con dificultades...

Read More

Castelao, máis vixente ca nunca

O sentir galego na Arxentina marcou a vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen a través das súas caricaturas expresaba e reflectía sobre a sociedade galega.     De volta ao seu Rianxo natal  funda a revista Nós xunto con Vicente Risco, e Otero Pedrayo, na que plasma o seu compromiso  coa vida cultural e política de Galicia, acompañando os seus debuxos de lúcidos textos que mostraban o rural, o caciquismo, e a pobreza do pobo, sempre desde unha visión realista e crítica, sen deixar atrás un atisbo de humor. A exposición desta semana rememora non so vellos tempos,...

Read More

Nas mans de Pedro Roca, experto en cogumelos

Un privilexio o que tivo o alumnado no día de onte. A visita do xefe de cociña do restaurante Pedro Roca, foi non so unha clase maxistral na que a concentración e atención do alumnado falaban por si soas, tamén unha oportunidade máis de afondar no coñecemento destes fungos,  quen non sendo capaces de producir o seu propio alimento ao non ter clorofila e non poder realizar a fotosíntese, si constitúen un auténtido deleite e alimento para todos nós. Posteriormente, tivo lugar o xantar na  aula  restaurante Álvaro Cunqueiro cun menú  temático: – Aperitivos: Tosta de revolto de ovos e cogumelos, pirulí...

Read More

Cogumelos baixo a mirada atenta e observadora

Do 18 ao 22 de novembro, no restaurante pedagóxico Álvaro Cunqueiro, inauguramos a semana coa exposición de cogumelos apañados na saída de campo realizada o venres día 15. Recolla, clasificación…un intenso percorrido antes de chegar ao padal. . Aínda que son clasificadas xunto co profesorado, sempre é conveniente que o alumnado coñeza  bibliografía de consulta.         Coca de cogumelos con algas, croquetas de cogumelos de cardo con queso de Arzúa-Ulloa, torrada de revolto de ovo e cantharellus, polvo ao allado con boletus… Quen quixese degustar so ten que reservar: 986 84 70 02.  La alacena roja  O ficheiro XML non existe   ...

Read More

Tempada de cogumelos e caza: sabor a outono no monte

 Son moitos por sorte os momentos gastronómicos no ano, pero se hai un que conleva uha aprendizaxe ligada ao lecer, é sen dúbida o outono. Esta semana arranca nas cociñas do CIFP  Carlos Oroza un programa completo ligado aos cogumelos e a caza. O alumnado de 1º CM Cociña e gastronomía e 1º CS Dirección cociña saiu ao veciño monte de Campañó á procura dunha descuberta: a dos cogumelos comestibles agochados entre as follas e ao abeiro de vellas árvores. De volta aprenderon a clasificar axudados polo profesorado, e como non, rodeados dun fondo bibliográfico que saiu por uns días da biblioteca aos...

Read More

2º GUIAT presenta os seus dous puntos de información turistica

  O alumnado de 2º de GUIAT  pon en marcha dous puntos de información turística co obxectivo de facer prácticas como informadores turísticos, abrindo durante os recreos, e coa intención de axudarte a planificar a túa viaxe por Galicia, procurando o destino que máis se adapte ás experiencias que desexes sentir, escapadas inesperadas para as que  seguro que precisas de páxinas web clave, blogs de referencia, contactos dos lugares imprescindibles que non debes deixar de visitar, roteiros para patear, e toda aquela información que precises sobre o teu destino.   Tamén podes consultarnos a través do Facebook: https://www.facebook.com/pages/GuiaNovas/167651686709625?fref=ts    ...

Read More
  • 1
  • 2