Visualización de 9 mulleres galegas

O alumnado de 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas acudiron á Praza da Ferrería para mostrar a nove mulleres galegas que formaron parte da cultura galega pola súa traxectoria, valentía e carisma, representando e interpretando ás Marías pola súa rebeldía, mulleres de Camariñas que tecen historias, Ángeles Alvariño a muller que descubriu o mar, un rastro de tinta a través de Maria Victoria Moreno, coñecendo a Ana María Soto Landeira, a primeira asistenta social na nosa terra, a gran debuxante Xulia Minguillón, as irmáns Touza que lograron salvar a 500 xudeos da morte, a Elisa e Marcela cando o amor se adianta aos tempos, e á pintora feminista Maruja Mallo. Foi unha experiencia moi enriquecedora e gratificante. Grazas a todo o alumnado e ao profesorado. Noraboa polas vosas tarefas.

Read More

Día das letras galegas no noso centro coa participación de “Bonobo” teatro con Rocío e Arantxa.

Día de celebración e día de festa e de recoñecemento á nosa lingua e ao autor de Cotobade homenaxeado este ano, Antón Fraguas.

Bonobo teatro con Rocío e Arantxa acompañáronnos no festexo, provocando gargalladas acompañadas de adiviñas que plantexaban ao alumnado, quen levaron de agasallo ingredientes para facer un cocido galego.

Read More

Charla da man de Mercedes M., escritora do libro “Oito Olladas sobre o 8M” (Folga feminista)

“Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”, obra publicada pola Editorial Galaxia fruto da iniciativa da Diputación de Pontevedra. O libro, que partió da escritora Inma López Silva e na que participaron oito mulleres que trabajan en distintos campos, recopila as súas experiencias durante a folga que se celebrou o ano pasado con motivo do Día Internacional da Muller y que se convertiu nun símbolo na historia do movemento feminista.
A libreira Mercedes M. estivo contando as súa vivencias e experiencias ao alumnado de 1º de xestión de aloxamentos turísticos e 1º de guía, información e asistencia turísticas. Disfrutamos todas e todos acompañados polas profesoras Paloma (Francés) Tareixa (Hostelería e turismo), Paula (Inglés) e María José (Hostelería e turismo).
Gracias Mercedes polas túas reflexións e por telas compartido con todas nós.

Read More

3º obradoiro Horizonte 2030

Tivemos o pracer de recibir á Georgina de los Angeles Molina Rivera, psicóloga especialista no tratamento do abuso sexual, doce años de experiencia en traballar con
diferentes grupos organizados. Profesora de Biodanza e feminista por opción.
2006-2011 Desde O Programa “Nuevos Liderazgos” no Centro Antonio Valdivieso e da man de
Martha Cabrera traballou con diferentes grupos organizados na formación de xóvenes e mulleres
líderes (Red de desarrollo Local, xochilt acatl, Instituto de Liderazgo de las Segovias, ASODEL y
artesanos/as del departamento de Masaya)
2012- 2014 Integrouse na equipa multidisciplinario: Ixaya-Palante trabajé Con Mery Bolt e Isabel Jodar
con profesoras de primaria e secundaria (rurais e urbanas), tamén foi facilitadora do compoñente de
fortalecemento da cultura de paz con equidade de xénero en comunidades educativas de cinco
departamentos (Nueva Segovia, Madriz, Matagalpa, Jinotega, RAAN y distrito VI De Managua) a través
do compoñente de Esolas de familia del MINED.
En septiembre del 2015 comezou a traballar como terapeuta/promotora e defensora de dereitos humans
desde a Fundación Aguas Bravas Nicaragua1 que fundara Brigitte Hauschild para mulleres adultas
sobrevivintes de abuso sexual.
Foi divertido, ameno e moi enriquecedor. Grazas Georgina, Ana e toda a organización de SOLI.

Read More

Na natureza NON EXISTEN RESIDUOS. Reducir, reciclar e reutilizar…

A preocupación polo medio ambiente é sen dúbida unha das inquietudes máis importantes do momento actual. Absolutamente todo depende de como coidemos o lugar no que habitamos, por iso é vital a concienciación do alumnado sobre a problemática dos residuos, de cara a un compromiso non só coa compostaxe senón coa primeira das 3 R, REDUCIR, tal e como nos enseñou, ilustrou e interpretou Antón Lois Estévez dentro do programa REVITALIZA da Deputación de Pontevedra.
400 anos son os que perdura unha botella de plástico no mar, 200 anos unha lata, xa respiramos nanopartículas de plástico, tamén as inxerimos cos peixes, etc,etc.
Na nosa man está comprender que na natureza NON EXISTEN RESIDUOS, somo nós quen os xeramos ao non reciclar.

Read More

VI campionato de Sumillería Suso Domínguez

Contibuíndo ao éxito do noso alumnado. Por sexta vez, os centros e o alumnado, representando á formación creativa e dinámica, onde se amosaron destrezas, fortaleza, capacidades, coñecementos…e saber estar, nesta xornada tan impactante e cos nervios a flor de pel.
Noraboa pola participación e aos gañadores. Continuaremos ensaiando.

Read More

Protocolizando ideas

Un ano máis o alumnado de 2º de Guía, información e Asistencia Turísticas,e 2º de Xestión de Aloxamentos Turísticos sorprendéronnos coa súa imaxinación e creatividade nun acto de protocolo que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra a noite do mércores, 20 de febreiro de 2019. Houbo risas, bágoas e divertimento desde o principio ata o final. Noraboa a todos pola velada tan agradable.

Read More

O “meior mexilón do mundo” coa PonteVan

Da cociña da PonteVan saíron tres saborosas receitas: “Mexilón de Galicia con salsa de mostaza”, “Mexilón de Galicia con cilantro e lima” e ” Paté de Mexilón de Galicia”. Tarefas realizadas polo alumnado de 1º de dual de Cociña acompañados polas profesoras Solange e Nuria. Estiveron no mercado de Vilagarcía de Arousa, disfrutando e agradando ao público.

Read More

Desmontando os prexuizos e as mentiras sobre a lingua galega

Un representante da Asociación “A mesa pola normalización lingüística” veu a dar unha charla moi interesante sobre o uso do galego como fórmula de descortesía ou na educación. Fíxónos ver que de nós depende revitalizar o galego, e concienciarnos de que todas as linguas comunican e que esa diversidade de linguas enriquece as poboacións.
Asistiron o alumnado de 2º de FP Básica de Cociña, 2º de Guía, Información e Asistencia turísticas e 2º de Dirección de Servizos de Restauración. Agradecemos a participación.
Foi organizada polas profesoras de francés Paloma e Lidia.

Read More

Experiencia no Salnés e na Quinta de San Amaro

O alumnado de 1º e 2º de CS Xestión de aloxamentos turísticos e 2º CS Dirección de cociña (modalidade dual) disfrutando dunha experiencia de turismo mariñeiro en Cambados coas mariscadoras (GUIMATUR) , despois un mapeo pola ” Quinta de San Amaro” e para finalizar a xornada, unha visita enolóxica con cata incluida na bodega “Eidos de Padriñán” (Sanxenxo).

Read More
Loading