Autor: Admin

Orozamoeda por unha boa xestión

Hoxe estreamos as novas moedas para ser utilizadas na nosa comunidade educativa, coa finalidade de facer pagos na cafetería Suso Domínguez, Pontevan, e Edupan. Agora as transacións económicas serán mais doadas. Todos a por moedas do Oroza.

Read More

Actitude para un bo emprendemento

Charla sobre emprendemento orientada para alumnado de segundos cursos, onde recomendouse ter unha actitude de predisposición posistiva e actual pensando na inserción no mundo laboral dentro da hostelería, restauración e turismo tendo en conta aspectos cómo: a dixitalización, a innovación, as experiencias de ususario, a gastronomía histórica,o recoñecemento social, e os produtos e servizos transformados en experiencias. Tamén falounos de páxinas onde facer búsquedas de ofertas de emprego. Grazas por toda as vosas aportacións. Seguimos aprendendo.

Read More

Compartindo experiencias no mundo dos aloxamentos

Tivemos o prazer de escoitar a dous profesionais do mundo da hotelería qué nos fixeron apreciar a importancia dos recursos humanos e a importancia das súas funcións día a día en cada un dos departamentos dos hoteis representando, Oca Hotels (España e Brasil, e Hotel Las Sirenas en Viveiro.
Ramón Braña director xeral da cadena hoteleira Oca Hotels, dounos moitas recomendacións baseadas nos recursos humanos, a importancia da actitude, habilidades sociais, coñecementos, implicación, motivación… entre moitos mais.
A continuación interviu José Manuel Pereira director no resort Las Sirenas, contándonos ás súas experiencias e valoracións na xestión dun aloxamento independente, e cómo se pode conciliar a vida laboral coa vida profesional, con esforzo, con cariño e atención en cada orden de servizo dentro do resort.
Ambos adentráronnos neste “mundillo” tan dinámico e á vez interesante. Grazas polas vosa presenza.

Read More

MARKETING NA #HORTAOROZA

O pasado día 21 de Outubro, os alumnado de 1º de Guía visitaron a horta do Carlos Oroza da man do profesor de cociña Ricardo. Alí puideron vivir novas experiencias a través dos seus sentidos, comprobando de primeira man, os aromas, a cor e o tacto dos diferentes cultivos. Foron descubrindo, desde plantas pequenas como a menta ou tomillo, cultivos máis grandes como os do invernadoiro, que varían segundo a tempada ata produtos fitosanitarios ecolóxicos e propios como o purín feito a base de consuela. Foi unha experiencia moi enriquecedora pola experiencia sensorial e experiencial vivida. Seguiremos visitanto a horta.

Read More

Auga pensada para ti “Aguakmcero”

Exemplo de centro deducativo, eliminando a máquina de bebidas azucaradas por auga natural recién envasada, augakm0 para nós. Reeducar e mellorar a sotenibilidade nos compete a todos. Consúmela, disfruta e coídate con consumos naturais. Un auga pensada para todos.

Read More