Autor: Admin

Mostrando os atractivos da nosa terra

Podemos coñecer e disfrutar mellor dos atractivos da nosa terra a través da acollida, información, asesoramento e coñecementos mostrados polo alumnado de 2º de guía, xa qué desde agora farán prácticas reais para dar a coñecer o turismo en Galicia. Desexamos que nos visitedes os mércores nos recreos. Animádevos!

Read More

Inmersión en malta

O alumnado de FP Dual está en Malta cun proxecto de mobilidade lingüística onde están a coñecer, hoteis, restaurantes, recursos turísticos… Deste xeito coñecen de primeira man a lingua, costumes e aprenden facendo. Experiencias moi enriquecedoras para todas.

Read More

Esencial os 5 anos na “#nosahorta”

Cinco anos crecendo e mellorando a calidade da horta, nestes 5 anos foi medrando en extensión, en variedade, color…
O estudantado de segundo do CS de Dirección de Cociña foi o encargado de elaborar un menú con produtos naturais, de proveedores con cultivos e producións sostibles, mentres na sala exerceu o seu labor o alumnado de Dirección de Servizos de Restauración. Saúde na mesa. Grazas pola vosa participación activa e sostible.

Read More

Experiencias en Etiqueta Negra 2019

Un ano máis o CIFP Carlos Oroza participa activamente na feria de produtos gastronómicos autóctonos Etiqueta Negra 2019, emocionante, enriquecedora, agradable para a vista e o gusto. As futuras cociñeiras e cociñeiros, camareiras e camareiros nos fixeron disfrutar de todas as elaboracións gastronómicas, cócteles, bebidas, xunto coas explicacións á vista do público. Sigamos nesta línea de #aprenderfacendo e cun selo de #orozasostible. Moitas grazas por darnos a oportunidade de formar parte activamente nesta 4ª edición.

Read More

Un Xogo para comprender o mundo

Tivemos a ocasión de disfrutar xogando con María da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, facéndonos despertar cara ás desigualdades do mundo, das inxustizas, así cómo reflexionar sobre ás decisións qué tomamos, e de qué xeito todas as persoas podemos poñer os nosos grans de area para aportar boas ideas e iniciativas cara a un mundo máis equitarivo, máis solidario, menos egoísta… Visitamos países de África, Asia, Europa, Oceanía…#Aprenderxogando. Moítisimas grazas por todas as aportacións.

Read More

Experiencias en Campolameiro

O pasado 30 de outubro o alumnado de 1º do ciclo básico de cociña fixo unha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Ademais de descubrir algúns dos petróglifos que alí se atopan, así como o poboado da idade do bronce, puideron participar no obradoiro “A metade silenciada”. Esta actividade consiste na análise crítica da exposición do propio dentro de interpretación, en relación coa escasa presenza das mulleres no mesmo. Coa axuda dunha guía do parque, os alumnos e alumnas puideron reflexionar sobre a igualdade e “modificar” algunhas das informacións desta exposición, para así facer máis visible a figura da muller e o seu valor na sociedade da época”. Aprendendo e facendo.

Read More