Obradoiro “Cultura Pop en Galiza”
O pasado venres 28 de febreiro Miguel Silva, coñecido nas redes como Aquel-e, veu ao noso centro a realizar un obradoiro co alumnado de 2º curso do ciclo básico de cociña e restauración, chamado Galiza Pop. Durante esta charla participativa, Miguel Silva falounos da cultura pop en Galicia, e presentounos grupos musicais, blogs, youtubeiros e youtubeiras en galego que se afastan da idea tradicional de todo o que ten que ver con Galiza. #Aprenderescoitando.
Read More