-

O CIFP Carlos Oroza é un centro público de ensino secundario onde se ofertan Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior da Familia Profesional de Hostalaría e Turismo.

O centro comezou a súa actividade no ano 1996, logo dun acordo de colaboración entre a Consellaría de Educación e O.U. e a Deputación de Pontevedra, que cedeu parte das súas instalacións.

Neste ano, comezan a impartirse dous Ciclos Formativos de Grao Medio: Cociña e Servizos de Restaurante e Bar. No curso seguinte, a oferta formativa amplíase co Ciclo Formativo de Grao Medio de Pastelaría–Panadaría.

No curso 1998-1999, implántanse dous Ciclos Formativos de Grao Superior: Restauración e Información e Comercialización Turísticas. É durante o curso académico 2003-04 cando se comeza a impartir o Ciclo Formativo de Grao Superior de Aloxamento.


A misión do noso instituto é formar profesionais da hostalaría e o turismo, por medio dunha metodoloxía teórico–práctica a través dun traballo tanto individual como en grupo, contribuíndo ao desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas.

Aspiramos a inserir aos nosos alumnos/as no mundo laboral de xeito óptimo, adaptándomonos ás necesidades demandadas polo contorno produtivo, co fin de mellorar a calidade do sector servizos.


Portal Educativo Comisión Europea Contactar con C.S. Ingeniería Condicións de uso Lei de privacidade